Lugo, 15 de febreiro de 2022. O socialista Fran Cajoto pilota un goberno local tan ineficaz na xestión como ausente á hora de representar os verdadeiros intereses do concello de Foz. De novo volveu quedar patente a maneira que ten Cajoto de entender as súas responsabilidades como alcalde. O portavoz popular, Javier Castiñeira denuncia que “unha vez máis vemos como o alcalde de Foz se escaquea cando hai problemas, comprobamos de novo que é un alcalde ausente cando o concello o necesita; vimos de coñecer que os alcaldes dos municipios afectados polo proxecto da central hidroeléctrica de O Valadouro tiveron unha reunión cos promotores, para ser informados e para intercambiar puntos de vista e o alcalde de Foz non estivo”. Os populares din que Cajoto “sigue pensando que o concello de Foz non é un dos afectados e nós cremos que si, que si somos afectados; visto o proxecto, esa captación de 4,5 veces a capacidade que ten de captación o Concello de Foz, temos claro que pode afectar ao abastecemento de auga municipio de Foz”.
Castiñeira sinala: “Nós queriamos que o alcalde estivese nesa reunión, pero volveu repetir o que leva feito xa moitas veces. O importante para o alcalde e intentar pasar os problemas a outras administracións, que xa van facer o seu traballo; non entendemos que o alcalde de Foz renuncie ao seu dereito a ser escoitado e ao ser dereito a ser informado, para despois poder informar a toda a corporación e a todos os veciños”. O portavoz popular constata que “os veciños están preocupados por se nos próximos anos se pode garantir o abastecemento de Foz e esa ampliación que se solicitou no seu momento para os dous planes parciais que están pendentes de desenvolver”.
No PP lamentan “que o alcalde se escaquee, que estea pensando noutras cousas, probablemente moito máis divertidas”. Destacan: “Este é un problema no que necesitabamos que estivese presente. Non o entendemos. O Concello de Foz xógase moito con este proxecto. Tampouco entendemos a postura do BNG, absolutamente proteccionista cos seus socios de goberno pero desdeixados dos intereses dos nosos veciños”. Castiñeira deixa unha pregunta no aire: “Onde estaría o BNG de Foz se estivese gobernando o PP?; probablemente nos pode contestar algún dirixente ou ex dirixente do BNG nos pode contestar”.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



