Burela, 15 de febreiro de 2022. A Concellería de Festexos presentou hoxe o cartel do Entroido 2022. Os actos programados desenvolveranse do 25 de febreiro ao 2 de marzo.
O Entroido burelés arrincará o venres, 25 de febreiro, coa celebración do xogo Busca do Tesouro, que sairá da praza de abastos ás 19:00 horas. Está organizado polo Grupo de Participación Adolescente e a inscrición previa pódese facer no teléfono 676 816 090 ou en info@branqueasociacioncurtural.com. Os grupos terán un máximo de cinco persoas, que deberán ir disfrazadas e os menores de 12 anos terán que ir acompañados de adultos.
O domingo, 27 de febreiro, celebrarase o Desfile de Carnaval que comezará ás 17:00 horas na rúa do Ril para rematar na Praza do Concello. As inscricións pódense facer na Casa da Xuventude ata o 25 de febreiro nos teléfonos 982 581 141 e 647 136 673 ou en casaxuventudede@burela.org. Tamén poderán anotarse o día do desfile ata as 15:30 horas no local de Ledicia. A concelleira de Festexos, Toñi Eijo, subliñou que “se repartirán 2.200 euros en premios, habendo primeiro e segundo nas oito categorías de infantil: individual, parellas e grupos e de adultos: individual, parellas e rrupos, ademais de carrozas e comparsas & charangas.
O 28 de febreiro terá lugar un Obradoiro de Cociña na praza de abastos ás 16:00, 17:45 e 18:30 horas. As prazas son limitadas e as inscricións previas pódense facer no teléfono 647 136 673.
O 1 de marzo celebrarase o Día do Nen@ ás 16:30 horas na Praza do Concello, onde haberá inchables, pintacaras, xogos, música, desfile e premios.
A programación do Entroido 2022 en Burela rematará o 2 de marzo co Enterro da Sardiña, que dará comezo ás 20:00 horas con saída do Poeta para rematar no Penoural.
Eijo anima “a participar na programación que deseñamos e coa que pretendemos chegar a todos os públicos e idades. As actividades virán marcadas polas normas sanitarias que estean en vigor en cada momento. No Entroido podemos pasalo moi ben, sen esquecer a prudencia, a limpeza das mans e o emprego da máscara nos espazos pechados e nos exteriores onde non sexamos capaces de manter unha distancia de seguridade de metro e medio con outras persoas”.
Toñi Eijo e o alcalde, Alfredo Llano, presentaron esta mañá o cartel do Entroido 2022.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



