Foz, 16 de febreiro de 2022. O Concello de Foz deu inicio ás obras de reforma da rúa Limoeiros. Con case 58.000 euros de orzamento con cargo ao Plan Único 2021 da Deputación, os traballos pódense dividir en dous tramos. As obras comezaron con tarefas de demolición entre Paco Maañón e a Congostra do Cura, onde a renovación será total, pasando de ser unha rúa con rego asfáltico e beirarrúas sen accesibilidade a unha plataforma única de formigón impreso ao mesmo nivel, con acceso limitado a residentes. Ademais, neste tramo disporase unha nova varanda de protección, un colector de pluviais de PVC para avanzar na rede separativa e renovarase o abastecemento e outras tubaxes onde sexa preciso. No tramo entre a Congostra do Cura e a Rúa do Porto mellorarase o firme con aglomerado en quente e disporase nova sinalización, nun viario que pasará a ser dun único sentido de circulación.
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, móstrase satisfeito cunha obra moi demandada nunha rúa “á que lle facía moita falta. Estamos traballando por mellorar o viario municipal, no casco urbano e nas parroquias. Esta rúa, moi céntrica e utilizada, presentaba un deterioro moi importante. Estamos a primar os accesos peonís en cada obra que facemos, tal e como actuamos na rampla do asilo e como veremos nas beirarrúas ao cemiterio, na Costa do Castro, que comezará en pouquiños días”.
O rexedor municipal avanza que “queda moito traballo por facer, xa que as infraestruturas de Foz estaban moi deterioradas e a intención do Concello é poñernos ao día, facer pobo, que cada vez Foz -todo o territorio- sexa máis atractivo para as veciñas e veciños, máis cómodo para vivir”.
Fran Cajoto engade: “xa o fixemos no 2020, continuamos no 2021 e seguiremos no 2022, primando investimentos naquelas necesidades máis urxentes. Se lle fixeramos caso ás esixencias do Partido Popular non poderiamos acometer a reforma da rúa Limoeiros: no 2020 e no 2021 o voceiro do PP pedía que dedicáramos o Plan Único a axudas a fondo perdido. Sempre cremos que a mellor forma de axudar é o investimento: en eventos, en cultura, na mellora de servizos, na mellora de infraestruturas. Este ano 2022 o PP xa mudou o discurso, porque lle interesa. Nós seguimos, con seriedade e honestidade, co plan de goberno marcado. Do Plan Único do 2022 134.000 euros van destinados á mellora de distintas rúas da vila e 136.000 a viais en seis parroquias. Ademais con 49.000 euros de fondos do Agader e o IVE, que aportará o Concello, melloraremos dous viais no barrio do Chao, en Santa Cilla, e outro en Mourente San Martiño. Coas baixas das obras adxudicadas -que curiosamente e de forma inexplicable antes non existían- puidemos aglomerar a rúa da Báscula, o Camiño da Cadra e camiños en Vilaronte e en Nois, por exemplo. Seguiremos traballando nesta liña”.
O Concello de Foz pide desculpas a veciñas e veciños da rúa Limoeiros e a todos os usuarios dese vial polas molestias que se lles van causar durante a execución dos traballos.
























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



