Lugo, 21 de febreiro de 2022. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, participou no pleno da Comisión de Deputacións Provinciais, Cabildos e Consellos Insulares da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) celebrado este luns na cidade de León, un encontro no que houbo consenso en torno á reivindicación de Tomé Roca de habilitar fondos europeos para mellorar a rede de infraestruturas provinciais, así como da capacidade das deputacións para xestionar estes recursos económicos conseguidos polo Goberno de España para recuperación da pandemia da Covid-19 e que, deste xeito, sexan realmente útiles para a cidadanía, sobre todo no mundo rural.
Neste sentido, a Comisión de Deputacións acordou enviar unha carta ás Comunidades Autónomas e ao Ministerio de Transportes solicitando que as deputacións reciban un 15% dos recursos da UE que xestiona o Estado e outro tanto dos transferidos ás autonomías para destinalos ás redes viarias provinciais.
Durante a reunión, na que participaron máis de trinta presidentes e presidentas de deputacións de toda España, deuse a coñecer o informe elaborado pola FEMP sobre a rede de infraestruturas de mobilidade que xestionan e manteñen as entidades provinciais españolas, que suman máis de 68.000 quilómetros e teñen un custe superior aos 8.600M€.
Esta información foi recompilada de cara a visibilizar o esforzo que fan as deputacións para atender as estradas, tanto de orde orzamentario, como en canto a persoal, despois da proposta que fixo o Presidente na última Comisión de Deputacións da FEMP, celebrada o pasado mes de setembro en Almería, de destinar recursos á mellora da mobilidade no rural.
José Tomé subliña que esta cuestión é básica, tanto para artellar solucións eficaces para fixar poboación e abordar o reto demográfico, como para atraer turismo. “Se queremos que a xente non se vaia do rural, debe ter bos accesos, igual que se queremos que veña facer turismo. Non se trata de facer nin un quilómetro de estrada nova, senón de manter e mellorar as vías que temos para que a xente teña calidade de vida. Pódese chegar a dar o caso de que nunha aldea haxa banda ancha, e, sen embargo, dificultades para acceder ás vivendas”, subliñou o Presidente, quen lembrou que a Deputación de Lugo é a institución provincial de España coa maior rede de estradas, con 4.217 quilómetros, á que o Goberno lle destina máis de 17M€ neste 2022, o que supón practicamente o 20% do orzamento total co que conta a entidade.
Revisión do financiamento local
Na Comisión de Deputacións celebrada hoxe en León José Tomé tamén plantexou a necesidade de que, xunto á revisión do financiamento autonómico, se aborde tamén o cambio do financiamento local, “que non se revisou nin unha soa vez”. “Tendo en conta que os concellos e as deputacións son as administracións máis próximas á xente e que as comunidades autónomas son unha sorte de novo centralismo, porque non irradian os fondos cara as entidades locais, faise necesario que teñamos un modelo de financiamento con máis recursos para atender as novas necesidades da cidadanía”, explicou o Presidente.
Próximas reunións
No vindeiro mes de maio celebrarase en Valencia a V Reunión de Presidentes e Presidentas de Deputacións, un encontro que será organizado por primeira vez en coordinación entre a FEMP e a Fundación Democracia e Goberno Local -a entidade que ata o de agora o organizaba en solitario-, e servirá para que as institucións provinciais aborden necesidades e problemas conxuntos, como é o caso do reto demográfico, entre outros.
Así mesmo, no pleno da Comisión de Deputacións de hoxe acordouse celebrar unha nova reunión deste órgano o vindeiro mes de xuño.


















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



