A primeira vez que lembro ter entrado nunha ‘entidade bancaria’, a caixa de aforros, o máis sofisticado que lembro eran tres aparellos, un de cada: unha máquina de escribir (exclusivamente mecánica, claro), unha sumadora (idem) e un teléfono. Non estou seguro de se escribían a pluma ou a bolígrafo, aínda que creo que a boliña dos Bic aínda non vira aqueles locais.
Case vinte anos despois, era un privilexiado aprendendo a programar un ordenador que aínda estaba nunha sala á que non tiña acceso calquera (eu tampouco). Tanto, que o programiña pasaba antes por unha picadora (á que tampouco tiña acceso) da que saían as fichas perforadas para meter logo á lectora do ordenador.
Outros vinte anos máis tarde, cunha páxina web e ás portas de ter tamén blog, eu xa era vello nunha internet que comezaba a saber a web 2.0 e a popularizarse en sucesivas vagas.
E aínda vinte anos máis tarde, hoxe, coido que podo dicir que seguín progresando polo mesmo camiño. Sen ser un especialista, deféndome nese mundiño das aplicacións ou apps.
Todo o anterior non quere dicir que non teña nunca problemas para relacionarme de xeito telemático coa administración, ou que prefira facer algunhas xestións na oficina bancaria antes que andar tentando no móbil ou no caixeiro. Ou sexa, que non me sinta desprazado pola falta de atención bancaria ou burocrática en xeral. E iso, repito, despois de ter unha traxectoria abondo amigable en relación con esas tecnoloxías.
Ven o anterior a dicir que o mundo progresa que é unha barbaridade, usando unha expresión doutro tempo. Ou a evidenciar que o consumo de recursos incrementouse de xeito desmesurado en moito menos que un século, o que explica algúns problemas actuais. Pero tamén que ese progreso pode deixar (e de feito deixa) a moita xente non só incómoda, senón tamén incapaz e desprotexida no día a día. Unha percepción que teñen ata os máis picariños, como pode comprobar calquera avó ou aboa. E que se me revelou como un flash vai camiño tamén dos vinte anos o día que uns rapaciños de 1º ESO (11 anos) comentaron entre eles dun xeito despistado se eu sabería algo de informática, chegando á conclusión de que non, porque era vello. Aínda que, claro está, tiña case vinte anos menos ca hoxe.
Pois isa realidade, a barreira tecnolóxica derivada de que hai máis cousas que atender na vida que a tecnoloxía, e máis necesarias para a vida, parece ser transparente para quen manexa os nosos cartos sen darnos explicación algunha nin de por que nos cobran cando nos obrigan a que llos deixemos manexar. Tamén é transparente para quen, nunha administración, decide sobre papeis dos demais sen ter que procurar ningún en webs ás que non é doado acceder e menos aínda atopar o necesario. Polo menos, parece que o da accesibilidade non debe estar entre os criterios que debe cumprir a aplicación informática correspondente, e quen non saiba usala, que aprenda, descargando o ‘peso da culpa’ nos usuarios, que se teñen que adaptar ós múltiples cambios decididos e impostos de xeito unilateral dende as entidades ou institucións.
Un último exemplo para rematar. Unha parella nova, os dous traballando no campo da informática con experiencia de anos, ambos castelán falantes, procuran a cita para un trámite administrativo para un deles nunha gran cidade. Resultado: un mes ata que unha boa mañá, ambos, nos seus respectivos ordenadores, e pulsando f5 para refrescar a pantalla, deron conseguido facelo despois dun bo tempo… Neste caso non era analfabetismo dixital, e o de menos era a dificultade de acceso por deseño, senón sinxelamente, o mal funcionamento do sistema administrativo. Casualidade dun caso particular? A acumulación de casualidades é o que dá lugar ó dito ‘de casualidades está o mundo cheo’…






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



