Lugo, 11 de febreiro de 2022. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a listaxe de 135 colectivos admitidos para participar na segunda tempada do programa Coñece a túa provincia, unha iniciativa que consiste en viaxes gratuítas pola xeografía lucense para entidades sen ánimo de lucro que impulsou a institución coa dobre finalidade de fomentar o coñecemento da riqueza patrimonial da provincia entre a propia veciñanza e apoiar a actividade dos sectores hostaleiro, turístico e comercial, dos máis prexudicados pola pandemia.
A Voceira socialista do Goberno e tamén Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, explicou que das 170 solicitudes recibidas durante o período de inscrición, foron admitidas 135 seguindo a orde de inscrición ata completar as prazas dispoñibles, tal e como sinalan as bases.
Ademais, aceptáronse 32 entidades que entran na listaxe de agarda e tres solicitudes foron excluídas por non cumprir con algún dos apartados da convocatoria.
Nesta segunda convocatoria do programa Coñece a túa provincia 3.036 persoas gozarán das viaxes, que terán lugar en dúas quendas, entre a semana do 14 de marzo e oo 30 de xuño, e da 12 de setembro a novembro.
A Voceira lembrou que “rematamos a primeira edición do programa con moi boas sensacións e cunha resposta dos participantes moi boa. Esta segunda convocatoria demostra que o traballo fíxose ben e estamos moi contentos e orgullosos do poder de convocatoria desta iniciativa”. O programa “naceu con vocación de continuidade e contribuirá, de maneira moi importante, á recuperación sostible do sector turístico, da hostalería e do comercio local, os sectores máis castigados pola pandemia gracias ó seu efecto multiplicador”.
Granxa Gayoso Castro
A Xunta de Goberno sacou tamén adiante a adxudicación da prestación de servizos veterinarios na Granxa Provincial Gayoso Castro da Deputación Provincial de Lugo. Foron aprobados o servizo especializado en podoloxía para o desenvolvemento do programa de prevención de coxeiras e problemas podais a Diego Villasante Armas por un importe de 6.160€
García Porto explicou que tamén se adxudicou, no mesmo contrato, o servizo de reprodución e mellora xenética por 60.000€ a Xénese E.T.E. Veterinarios S.L. A duración do contrato será dun ano, podendo prorrogarse por un período de tempo de un ano máis.
Recursos humanos
A Xunta de Goberno aprobou a licitación por 6.899,47€ e un ano de duración do contrato para o mantemento das licencias de uso do sistema para a xestión do control horario do persoal da institución provincial.
Centros de Atención a Maiores
Así mesmo, a Xunta de Goberno aprobou a autorización da cesión dos contratos dos servizos de prestacións básicos nos centros de atención a maiores de Trabada e Pol á empresa galega Troncoso Casares S.L., que xa traballa na residencia de Meira.





















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



