Lugo, 16 de febreiro de 2022. A banca está empeñada en consolidar un novo modelo de relación cos clientes no que, moitos dos usuarios, quedan descolgados, por distintos motivos, e, ademais, teñen que facer fronte a considerables incomodidades para a xestión das súas contas e intereses. Entre os máis prexudicados polos cambios nas dinámicas bancarias en relación cos clientes están as persoas máis maiores. A asociación de xubilados de Lugo leva a cabo distintas iniciativas para forzar á banca a revisar moitas das medidas que aplica dende hai xa algún tempo. O portavoz popular na Deputación, Javier Castiñeira, anuncia que “o grupo provincial do PP defenderá unha moción no próximo pleno, a petición da Asociación de Xubilados e Pensionistas de Lugo”. É unha iniciativa na liña do apoio prestado nestes últimos días a esta asociación, “fronte aos agravios que a banca está a facer ao colectivo de xubilados (non só a les), ao que está obrigando a efectuar xestións telemáticas, dixitais, e a longas esperas na rúa, acoutándolles o tempo de atención ao público”. Os populares din que os xubilados están sufrindo agravios por parte da banca que non son admisibles.
No PP ven algúns cambios na banca, a mellor, pero cren que aínda se quedan cortos e consideran que o cambio ten que ser moito máis completo, en todas as entidades. Castiñeira sinala: “Vemos moitísimos problemas nos concellos máis pequenos, nos que están desaparecendo as entidades bancarias e nos que están obrigando aos nosos veciños, especialmente ao colectivo de xubilados, a buscar outras alternativas, a pedir axuda a familiares para facer algunhas operacións; son medidas que van en contra da autonomía dos nosos maiores”.
Castiñeira destaca: “Se queremos ter xente no rural, se pretendemos que a xente siga vivindo onde naceu, todos temos que poñer da nosa parte, incluída a banca, que foi axudada cando o necesitou por parte do Estado, é dicir, de todos os españois, e agora non pode coaccionar como o está a facer cos clientes, baixo uns réximes establecidos única e exclusivamente por estratexia empresarial: isto debe cambiarse”.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



