Viveiro, 23 de febreiro de 2022. Os veciños de Xunqueira séntense esquecidos polo goberno local, presidido pola alcaldesa María Loureiro (PSOE). Así o expuxeron os directivos da asociación de veciños deste barrio de Viveiro na reunión que mantiveron co portavoz popular, Óscar Rodríguez, e outros representantes do PP. Dende o urbanismo ao aseo urbano, nada do que depende do Concello funciona debidamente en Xunqueira. Rodríguez di: “No PP esiximos ao goberno municipal que tome nota das queixas dos veciños, abandone a zona de confort na que está instalado e poña mans a obra de atender as necesidades desta parte de Viveiro”.
Os populares anuncian que desenvolverán iniciativas para comprobar en que momento está o plan especial de protección e reforma interior (Pepri) aprobado no seu día para Xunqueira. Os representantes da asociación de veciños din que dende que foi aprobado este plan, nada se fixo para desenvolvelo, pese a importancia que debera ter para a debida organización deste barrio, así como para a xestión de axudas a rehabilitación de edificios.
O portavoz popular faise eco doutra das queixas dos veciños, porque considera que pon de manifesto unha carencia especialmente grave. Segundo os veciños, por Xunqueira non pasa a servizo de limpeza de rúas, o polo menos non teñen constancia de que se preste tal servizo.
Outra das queixas expostas pola asociación veciñal e recollidas polos populares, segundo explica Rodríguez, é a que fai referencia á total falta de atención ao Camiño Real.
A reunión coa asociación de veciños de Xunqueira enmárcase, sinala Óscar Rodríguez, “nos contactos continuos que mantemos cos veciños de todo o municipio, no exercizo da escoita activa que o PP fai para coñecer de primeira man os problemas e buscar solucións”.




















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



