O Valadouro, 7 de febreiro de 2022, A construción dunha central hidroeléctrica constitúe en toda circunstancia unha noticia relevante para o municipio no que se leva a cabo esta infraestruturas. Diante da tramitación no Ministerio de Transición e Reto Demográfico dun proxecto para unha central hidroeléctrica en O Valadouro, o grupo do PP neste municipio reclama do goberno local información detallada respecto ás previsións para dita infraestrutura e de como afectará aos veciños.
O portavoz popular, José Manuel Lamela, destaca que, en todo caso, o PP de O Valadouro estará sempre do lado dos veciños e apoiándoos en todo o que sexa preciso. Lamela avisa de que a execución dun proxecto desta magnitude pode ter consecuencias irreversibles para o municipio, polo que é necesario coñecelo en profundidade e analizar detidamente os aspectos que poden ser favorables e os que poderían resultar prexudiciais.
O portavoz popular insta ao goberno local a efectuar as xestións adecuadas para informar en detalle aos residentes no municipio. Asegura que esta iniciativa xera moitas dúbidas e incertezas entre os veciños, polo que é preciso que se lles facilite toda a información necesaria. A desinformación, puntualiza Lamela, xera inquedanza nos veciños de O Valadouro.
Os populares esperan que o goberno local atenda esta demanda, que responde ao sentir da maioría dos residentes no municipio de O Valadouro.





















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



