A cita será na Casa da Cultura, ás 20h.

Comeza a XXXVI Feira do Bonito coa recepción por parte do alcalde de Burela, Alfredo Llano, e concelleiros de goberno, do rexedor de Tarifa, Francisco Ruíz Giráldez, que se desprazou á localidade acompañado da edil de Turismo, Lucía Trujillo. Visitaron as distintas zonas habilitadas para a feira, facendo unha parada no Barco Museo “Reina del Carmen”, onde puxeron en común a importancia do sector pesqueiro e as xentes do mar no desenvolvemento de ámbolos dous municipios, unha vinculación norte-sur que pretenderá extenderse a outros proxectos no futuro.
O acto estivo organizado pola AECC de Ribadeo e contou coa presenza do coautor, Pepe Peinó, e tamén co doutor José Ignacio Vidal Pardo (Xefe de Endocrinoloxía do HULA de Lugo), con Sandra Amieiro (irmá da autora do libro, que tamén padeceu un cancro de mama) e coas voces de Toño e Eli, que interpretaron catro fermosas cancións. A autora, Raquel Amieiro, non puido asistir, ao atoparse ingresada nun hospital de Coruña por problemas derivados do cancro. A pequena sala da antiga oficina de turismo estaba ateigada de xente e o acto, unha vez máis, resultou moi emotivo.
O horario será de 16:30 a 20:00 horas (salvo o mércores que tamén estarán en horario de mañá). Son de balde e anotan alí mesmo
Arestora son 354. Destes, 1 está en UCI no HULA. 30 están en hospitalización: 17 no Hula, 5 no Hospital da Mariña, 7 no Hospital de Monforte.
A Xunta de Galicia cofinancia esta mostra que comezou en novembro de 2021 na Coruña. Desde entón, foi o principio dun percorrido por toda a comunidade ata chegar hoxe a Ribadeo
As sesións realízanse na Praza do Concello todos os mércores de agosto a partir das 20:30 horas, e non é necesario inscribirse previamente. A actividade está impartida por Belinda Canoura, do ximnasio Hawk, que ensina con esta disciplina unha forma novidosa, divertida e sociable de facer exercicio, redundando positivamente na forma física, a saúde, a coordinación e a expresión corporal. O edil de Deportes, Ramiro Fernández, anima desde o concello a participar desta actividade que “contribúe a manter a forma entre os veciños no período de vacacións, aprendendo unha forma divertida a través do baile a facer algo de deporte”.
No acto, no que estivo presente o autor, participaron o rexedor, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, Rafa Blas, en representación de Airiños do Xunco, asociación que organiza a Queimada, ademais de moitos veciños e amigos. Villares convidou a veciños e visitantes a facer esta viaxe pola historia da Queimada Popular a través dos carteis que a representaron, obra do talento deste artista con maiúsculas. E é que a Queimada, con máis de 40 anos de historia, sempre vai da man dunha iconografía única que non deixa indiferente a ninguén!
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital