Ribadeo, 11 de febreiro de 2022. Concello e ACISA Ribadeo, que asumen neste 2022 a organización do Entroido ao non haber unha comisión veciñal que se faga cargo do evento, presentan o cartel e programa deste ano, así coma as bases do desfile.
A organización explica que “o cartel, baseado na saga de Star Wars, non pretende dar unha temática definida para o Entroido ribadense, pero sen dubida deixa aberto un sen fin de oportunidades de disfraces para a veciñanza, os camareiros, dependentes, visitantes…. así como para decoracións de bares, restaurantes e calquera outro negocio, aos cales animamos a facelo para engrandecer este espírito de Entroido”.
Concello de Ribadeo e ACISA Ribadeo indican tamén que “a programación está destinada a quen máis goza deste evento, as crianzas da casa, polo esta edición inclúe o baile infantil na sala Rosalar, o domingo 27 de febreiro as 17:00 horas, e o desfile de Entroido, que terá lugar o martes 1 de marzo a partir das 17.00 horas. Nos días previos haberá animación na rúa, a cal se irá anunciando sobre a marcha nas redes sociais do Concello e de ACISA”.
Sobre o gran desfile do Martes de Entroido salientan que “nesta edición repartiranse algo máis de 4.000 euros en premios. Destaca o da Mascarita, personaxe tradicional do Antroido de Ribadeo que se quere rescatar e poñer en valor. O seu humor, retranca e interacción coa xente son elementos esenciais e moi propios desta festividade. Con este premio, por primeira vez cunha importante contía en metálico -300 euros- preténdese contribuír a nutrir o desfile e dotalo do humor e da retranca que tanto se precisa nestes tempos tan influídos pola pandemia. O Entroido de Ribadeo e o seu desfile deben ser unha oportunidade para a alegría, a desconexión e o vínculo entre a veciñanza e tamén entre todas as persoas que nos visitan”.
O resto dos premios son:
COMPARSAS E/OU CHARANGAS: 1º premio, 500€; 2º premio, 400€; 3º premio, 300€
CARROZAS: 1º premio, 300€; 2º premio, 200€; 3º premio, 100€
GRUPOS (mínimo 3 persoas): 1º premio, 200€; 2º premio, 150€; 3º premio, 100 €
PARELLAS:1º premio, 150€; 2º premio, 100€; 3º premio, 75€
INDIVIDUAIS: 1º premio, 100 €; 2º premio, 75€; 3º premio, 50€
Na categoría infantil:
GRUPOS (mínimo 3 persoas): 1º premio, 200€; 2º premio, 100€; 3º premio, 50€
PARELLAS: 1º premio, 150€; 2º premio, 100€; 3º premio, 50€
INDIVIDUAIS: 1º premio, 150€; 2º premio, 100€; 3º premio, 50€
Os organizadores engaden: “ambas entidades, Concello e ACISA, ante a falta de comisión organizadora decidimos traballar conxuntamente para que, aínda que con formato reducido e adaptado ás circunstancias da pandemia, a veciñanza poida gozar desta festividade.”
A organización do Entroido ribadense explica tamén que “para obter información sobre a maneira de inscribirse no desfile recomendamos chamar aos teléfonos 982.128.689, 982.131.565 ou 982.120.565 ou ben consultar as webs do Concello ou de ACISA Ribadeo. Para participar no desfile pódese realizar a inscrición previa no Rexistro das oficinas municipais ou a través do correo electrónico turismo@ribadeo.org. As bases e a ficha de inscrición atoparanse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do portal www.ribadeo.gal e na web www.acisaribadeo.es. Na ficha de inscrición pídese nome e apelidos, DNI, domicilio, teléfono de contacto e nome da acción de Entroido que presentará no desfile. O prazo de inscrición comeza desde o día seguinte da publicación das bases no BOP ata o luns 28 de febreiro do 2022 ás 24 horas. Tamén se dá a opción para a inscrición o mesmo día do desfile no espazo habilitado no Teatro de Ribadeo (rúa San Roque, 2), desde as 15.00 ás 16.30 horas.”
Os organizadores indican que “no contexto de pandemia no que estamos a vivir e onde debemos conxugar a precaución co lecer, a programación queda supeditada á normativa sanitaria da Xunta de Galicia vixente nese momento. Así, en prol da seguridade e seguindo os protocolos hoxe vixentes, para o baile infantil as persoas adultas acompañantes terán que presentar o certificado covid para acceder á sala Rosalar e os nenos e nenas maiores de 6 anos deberán usar tamén máscara. Respecto do desfile, será obrigatorio o uso de máscara tanto para participantes coma para o público, incluíndo as charangas e comparsas”.
E rematan: “animamos a toda a veciñanza a que participe activamente deste Antroido 2022, disfrazándose e saíndo á rúa, decorando escaparates, ofrecendo a gastronomía típica destas datas, etcétera, para derrubar as barreiras que a pandemia instalou nas nosas vidas”.
Na presentación do cartel do Entroido 2022 participaron o alcalde, Fernando Suárez, a concelleira de Cultura, Pilar Otero, o presidente de Acisa, Francisco Iriarte, e o xerente da asociación empresarial ribadense, Jesús Pérez.





















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



