Lugo, 28 de febreiro de 2022. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, felicitou, no seu nome e no da Corporación provincial, á atleta monfortina Saleta Fernández e ao atleta viveirense Adrián Ben por conseguir tan bos resultados no Campionato Nacional que se disputou en Ourense esta fin de semana. Tamén felicitou ás xogadoras do Pescados Rubén Burela FS por conseguir a cuarta Supercopa do seu palmarés.
Fernández acadou o ouro cun salto de 1,85 metros na proba de salto de altura de pista cuberta, tras o duelo que mantivo coa andaluza Una Stancev, recentemente nomeada campioa de España sub-23. Ben pola súa banda fíxose coa medalla de bronce na final dos 800 metros, unha das probas máis esixentes do Nacional de pista cuberta. O viveirense cruzou a meta cun tempo de 1:49.50, só por detrás do vixente campión Álvai Darriba e do plusmarquista Mariano García.
As guerreiras laranxas tamén recibiron a felicitación do Presidente da Deputación logo de lograr este domingo impoñerse ao Atlético Navalcarnero en Xerez (2-1) con goles de Peque e Cami. O título é o undécimo consecutivo que conseguen as de Burela desde o 2019.
O Presidente subliñou que “o traballo, esforzo, constancia e talento” que demostran estes deportistas “son un auténtico orgullo para a nosa provincia”, e desexoulles “novos éxitos” nas súas traxectorias.




















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



