Isto non vai da Ucraína (nin de Siria, nin do Sáhara, …). Vai de nós.
As novas da semana pasada deixaron un pequeno titular que pode resultar chamativo: algunha persoa tería sido arrestada en Rusia por asistir a manifestacións pola paz portando nas mans un papel en branco. Si, o primeiro motivo das concentracións tería sido a protesta pola invasión da Ucraína, mais o titular centraríase no ‘papel en branco’, é dicir, en ter sido levadas á cadea por ‘nada’, un ‘nada’ resumido nun papel en branco.
Mais a cousa non é así. Admite outras visións, un papel en branco é moito máis ca nada, e o portalo e ensinalo é un xesto que pode valer moito para a persoa e para quen o ve.
Nun papel en branco colle todo, calquera cousa. Pode acoller todo. A liberdade das posibilidades. Mais necesita de alguén, quen o use, para poder ser algo máis aló que nada. En certo xeito, tamén é un símil. É igual ca paz, acolledora pero que necesita ser coidada, que está necesitada de acollida: o papel pode acoller ideas, tanto escritas como simbolizadas na súa brancura, mais necesita ser usado, un xesto humano, para acollelas. E é ese o motivo de ir parar á cadea: a defensa das posibilidades que leva consigo o alzar un papel en branco. A defensa da liberdade. Incluíndo a paz.
E é que un papel en branco non é un cheque en branco. Pode selo, se se usa dun determinado xeito, pero tamén pode ser moitas máis cousas, dende un manifesto pola paz a un acordo vinculante. Por certo, vinme obrigado a incluír o de ‘vinculante’ porque parece que os acordos á vella usanza, de palabra, todo o máis co selo dun apretón de mans, sería no mundo actual equivalente ó ‘papel mollado’. Por outra parte, o mesmo que moitos tratados, acordos e dereitos internacionais que, se impresos, parece que poden servir para limpar algún cu.
Volvendo ó branco, non deixa de parecer curioso que sexa usado como símbolo espiritual, de paz (e de inocencia e pureza) e ó tempo, como símbolo en rendicións en guerra (bandeira branca). Ó fin, pola rendición chegaríase á paz, aínda que sexa unha paz con diferente significado segundo que a interprete o bando rendido (que soe ser o atacado) ou o vencedor (que soe ser o atacante, que, consciente das súas posibilidades, meteríase ó ataque)…
Está visto que a paz hai que construíla. Entre todos. Colaborando. En igualdade. Dia a día. En todos os lugares. Como un papel en branco que hai que encher do mellor xeito posible. Usando a imaxe do papel, é tan fráxil como rachable o papel: vale con que alguén queira facer a guerra, que considere a guerra como un mal menor, como unha alternativa onde ten pouco ou nada que perder.
Pola liberdade de poder levar un papel en branco. Non esborranches o papel. Úsao para ben (e antes de que non te permitan alzalo, para poder seguir a facelo…).



















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



