Lugo, 29 de marzo de 2022. A Deputación de Lugo reclama á Xunta de Galicia que elabore un plan para que os concellos poidan afrontar os gastos que traerá consigo a instalación da rede de telefonía móbil que o Goberno autonómico proxecta para 290 entidades de poboación galegas. Piden que asuma directamente estes gastos ou que elabore un plan de axudas específicas para evitar que os municipios teñan que facer fronte coas arcas locais a estes investimentos. Así o acordou o Pleno provincial deste mes de marzo a proposta do PSdeG, cos votos a favor de socialistas e nacionalistas, e a abstención do PP.
O Deputado de Cooperación e Asistencia aos concellos, Xosé María Arias, explicou que o Goberno autonómico ten proxectado a mellora do servizo de telefonía móbil para mellorar a cobertura duns 7.000 habitantes galegos, pero deixando da man dos concellos os custos de levar a acometida eléctrica ás torres de telefonía móbil. “O plan de dixitalización do rural galego e lucense dista moito da realidade. A Xunta agocha que a parte máis gravosa dos traballos vai recaer nos concellos, xa que serán eles os encargados de atopar as parcelas para instalar as torres de telefonía, tamén terán que poñer estas parcelas a disposición da Xunta, así como sufragar todos os gastos que xurdan do proceso, tendo en conta que maioría das parcelas estarán situadas en mans privadas”, especificou.
Na súa intervención, Xosé María Arias explicou que “a Xunta saca peito de investir 3,7 millóns de euros de fondos públicos para este plan, o que supón 12.700€ para cada núcleo de poboación”, pero incide en que pola súa banda, “a Xunta reclámalle uns gastos aos concellos que poderán supoñer un cargo nas arcas municipais de entre 60.000€ e 200.000€, dependendo do concello”.
“Este é o vello conto de invito eu e pagan os concellos”, ironizou. Arias reiterou que os socialistas están comprometidos coa dotación de servizos básicos para o conxunto da poboación e, neste caso, coa necesidade de contar cunha rede de telefonía móbil e de datos de calidade na provincia, pero evidenciou que non desta maneira que resulta “inasumible” para os concellos de menor poboación.
Ademais detallou que a Xunta vulnera a Lei 3/2013 de impulso e ordenación das infraestruturas de telecomunicacións de Galicia. “Non se impulsa a cobertura en todo o territorio porque se deixou atrás ao rural, nin se eliminaron os desequilibrios territoriais como di a norma; tampouco se buscaron fórmulas de colaboración con outras administracións; tampouco ten en conta as diferentes realidades de cada concello, nin o elevado custo que as obras da acometida eléctrica poñer supoñer para as facendas locais”, recalcou.
“É lamentable que case dous anos despois a Xunta non teña un plan integrado de dixitalización que estea financiado por fondos europeos, nun rural inmerso nesta enorme fenda dixital”, subliñou. “Esta é unha chapuza máis, un remendo do Goberno galego que non soluciona nada, e unha vez máis vemos como a Xunta encarga que paguen outros”. Así mesmo, afirmou que “entendemos que un goberno que deixa sen executar o 51% dos fondos europeos que percibe da Unión Europea, 1.400M€, non está lexitimado para reclamarlle aos concellos que asuman o custo dunhas infraestruturas básicas para o desenvolvemento de Galicia”.
Arias recordou, ademais, os anuncios de Feijóo en decembro de 2020 sobre a Estratexia Galicia Dixital 2030 que pretendía mobilizar 4.000 millóns de euros para aumentar a calidade de vida e o desenvolvemento sostible co impulso de solucións intelixentes no plano social, económico e ambiental, cunha estratexia que recollía fondos para o período 2021-2022. “O investimento para o período 2022/2023 é de 3,7M€ de fondos públicos, polo que custa crer que a ese ritmo se teñan investido os 2.400 millóns que prometera Feijóo antes de decidir que Galicia lle aburría e que era mellor marchar a Madrid”.


















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



