Burela, 3 de marzo de 2022. Arrinca en Burela a campaña Recicla e únete ao reto na que participa xunto a outros doce concellos galegos. O obxectivo é incrementar a reciclaxe dos envases lixeiros nun 10% desde agora e ata o vindeiro 31 maio. O pobo que o consiga recibirá un premio de 2.000 euros para doar a unha causa social. A concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, fai unha chamada á participación das veciñas e dos veciños de Burela neste reto.
A edil burelesa explicou que “en Burela unímonos ao reto de Ecoembes e da Consellería de Medio Ambiente durante os meses de marzo, abril e maio. Queremos facer unha chamada á veciñanza para que colabore con esta campaña botando todos os seus envases lixeiros (latas, bricks e recipientes de plástico) no contedor amarelo. Si entre todos conseguimos incrementar nun 10% a reciclaxe destes residuos con respecto aos recollidos no mesmo período do ano pasado o Concello de Burela gañará un premio de 2.000 euros para doar a unha causa social do noso pobo”.
A campaña Recicla e únete ao reto arrinca estes días. “O 8 de marzo recibiremos a visita de dúas persoas que tomarán contacto co comercio e coa hostalería para conciencialos da necesidade de reciclar e para repartir e instalar vinilos coa imaxe da campaña nos escaparates e que así Burela se vaia vestindo coas cores deste reto. E o 24 deste mes estarán repartindo pulseiras de tea entre a veciñanza á que lle explicarán a importancia da reciclaxe no contedor amarelo para conseguir o reto”, seguiu a relatar Toñi Eijo.
A concelleira de Medio Ambiente dixo que “no mes de abril instalarase un contedor xigante na Praza do Concello, montarase uns días antes da Semana Santa, e desmontarase despois desas datas. É importante que as nosas veciñas e veciños estean atentos ás informacións que iremos facilitando para, entre todos, reciclar e conseguir ese premio que doaremos a unha causa social de Burela”.





















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



