Burela, 16 de marzo de 2022. A Concellería de Inmigración, Cooperación e Integración organiza actividades como charlas, xogos e concursos de lemas, debuxo e pintura para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial, que se celebra o 21 de marzo. A programación, que foi presentada hoxe por Noelia Mª Ben, desenvolverase a vindeira semana nos centros de ensino de Burela.
A edil burelesa contou que “dende a Concellería de Inmigración, Cooperación e Integración imos realizar unha serie de actividades de sensibilización para nenos e nenas e uns concursos de lemas e debuxo para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial, que se celebra o vindeiro 21 de marzo”.
Noelia Mª Ben explicou que “teremos charlas de sensibilización e motivación tituladas Se queres, podes, destinadas a alumnado de educación primaria e secundaria dos colexios e institutos de Burela. Serán o día 21 de marzo nos IES e o 24 de marzo nos CEIPs. Paula Jorge Horta, ex-alumna dos centros educativos de Burela e graduada en maxisterio, será a encargada de impartir estas conferencias co obxectivo de sensibilizar aos rapaces e rapazas da importancia da continuación de estudos e da igualdade de oportunidades. Queremos agradecerlle a súa implicación e colaboración desinteresada coas actuacións que se desenvolven desde o programa de integración a inmigrantes”.
A concelleira de Inmigración e Integración seguiu a relatar que “organizaremos a Ocainmigrante, para o alumnado de 3º de primaria dos Ceips Virxe do Carme e Vista Alegre, coa colaboración da Aula de Medio Ambiente Gaia. Será o día 25 de marzo. Con esta actividade preténdese sensibilizar aos máis novos sobre esta temática e ensinarlles a ver o mundo dende outra perspectiva, así como facelos conscientes das necesidades existentes na contorna que nos rodea. Mediante distintas probas van coñecendo aspectos como o racismo, inseguridade e desamparo, acollida, pobreza, tolerancia e respecto, guerras, marxinación, malos salarios, rexeitamento, integración, inxustiza,…”.
E engadiu: “e finalmente convocamos os VIII Concursos de Lemas e Debuxo e Pintura para o Día Internacional para a eliminación da discriminación racial Os obxectivos pasan por transmitir a través de mensaxes curtas ou debuxos a importancia da educación en igualdade e a necesidade de eliminar a discriminación racial, así como a súa prevención. As bases para poder participar nestes concursos estarán publicadas na sede electrónica do Concello de Burela proximamente”.





















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



