Galiza, 15 de marzo de 2022. Máis de 175 entidades e colectivos de toda Galiza que conforman a Coordinadora “Eólica Así Non” convocan para o mércores, 23 de marzo, unha concentración diante do Parlamento de Galiza e da Valedora do Pobo, para denunciar o recorte de dereitos democráticos, promovido polo goberno da Xunta, para facilitar a autorización de proxectos eólicos e favorecer ás eléctricas.
Ao berro de “Non imos calar!”, entidades ecoloxistas, veciñais, sociais, culturais, sindicais, de afectados/as, etc., queremos denunciar con esta mobilización as trabas e dificultades ás que nos estamos vendo sometidas por parte das administracións públicas para acceder, con tempo e na debida forma, á información relativa aos expedientes de proxectos eólicos, para presentar alegacións nos rexistros públicos ou para participar en condicións de igualdade nos órganos consultivos e na planificación enerxética do país. Esta mala praxe administrativa está obrigando aos cidadáns e cidadás galegas a recorrer sistematicamente ao amparo da Valedora do Pobo, -institución á que tamén se pretende interpelar a través desta mobilización-, para defender os seus dereitos.
“Leis de depredación” para facilitar o espolio
Desde a Coordinadora Eólica Así Non acusamos ao presidente da Xunta, Núñez Feijóo de abusar da súa maioría absoluta para promover reformas legais que son “auténticos golpes de estado” contra os dereitos democráticos de información e participación públicas. A
sociedade galega está a sufrir máis que nunca as repercusións da aprobación da “Lei de fomento da implantación de inciativas empresariais” de 2017 e a “Lei de simplificación administrativa” de 2021. Os feitos corroboran que as chamadas “leis de depredación” foron concibidas polo goberno do PP para eliminar garantías ambientais, facilitar a expropiación de terras, privatizar os recusos públicos e poñer obstáculos á contestación social. Ambas normas, tramitadas pola vía da urxencia e sen sometemento á exposición pública, sitúan á sociedade galega nunha posición de absoluta indefensión e discriminación fronte as promotoras de proxectos agresivos co territorio, unha indefensión que se está a facer especialmente patente diante da actual invasión eólica.
A Xustiza acredita o déficit democrático da Xunta
O déficit democrático que a sociedade galega está sufrindo nesta vaga eólica xa foi acreditado pola Xustiza. Recentemente, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia considerou contrario a dereito o recorte de prazos de consulta pública impulsado pola Xunta de Feijóo para alegar aos estudos de impacto ambiental. O fallo reprende á administración galega por vulnerar dúas directivas europeas e a lei de avaliación ambiental. Con todo, a Xunta aínda non dispuxo ningunha medida de reparación legal sobre os numerosos procedementos de consulta pública recurtados en prazo e relativos a proxectos eólicos denominados de “interese especial”.
Tamén resulta significativo que, en tan só en dous anos, a Xustiza teña anulado xa tres proxectos eólicos aprobados polo actual goberno da Xunta, que foron denunciados pola cidadanía diante dos tribunais. Trástase do parque eólico Serra do Oribio, anulado ser aprobado irregularmente nunha zona de Rede Natura e contar cunha DIA obsoleta; o repotenciamento do parque eólico de Corme, por incumprir o procedemento legal de consulta pública; e o parque eólico Sasdónigas Fase I e Fase II, por ter sido obxecto de fragmentación ilegal.
A imposición do veto e da discrecioalidade
Ao tempo, a Xunta segue a actuar con total discrecionalidade á hora de autorizar parques eólicos, arrogándose o dereito de aprobar proxectos fóra das áreas de desenvolvemento eólico (ADE) establecidas no plan sectorial ou saltándose a suposta moratoria eólica que teoricamente está vixente desde inicios de ano. Estas prácticas abusivas poñen de relevancia a falta de garantías legais coas que o goberno galego está a tramitar e a autorizar novos proxectos eólicos.
Por outra banda, denunciamos a exclusión da sociedade galega dos órganos de consulta. O pasado ano, a Xunta vetou a participación das entidades ecoloxistas no Observatorio da Eólica Mariña e censurou someter a votación a moratoria eólica proposta polas organizacións ecoloxistas e sindicais no último Consello Galego de Medio Ambiente.
Concentración reivindicativa e denuncia na Comisión Europea
Diante desta situación, a Coordinadora Eólica Así Non convoca e anima a toda a sociedade galega a manifestarse o vindeiro mércores, 23 de marzo, ás 12 horas, diante
do Parlamento Galego, para instar ao goberno da Xunta a derrogar as “leis de depredación” e promover unha moratoria eólica real e efectiva que procure o antes posible a elaboración dunha planificación racional do sector, participada pola sociedade, e que atenda ás necesidades da transición ecolóxica fundamentándose en criterios de aforro, eficiencia, autoconsumo e xestión pública da enerxía. Cómpre lembrar ás administracións públicas que a participación cidadá nun estado democrático non se debe limitar aos períodos de exposición pública de proxectos ou aso procesos electorais. Tamén temos dereito a participar no deseño e elaboración de leis e dos instrumentos de planificación.
Por último, a Coordinadora anuncia que presentará unha denuncia diante da Comisión Europea contra a administración galega pola vulneración das directivas europeas relativas ao dereito de información e participación pública en materia de medio ambiente.





















En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



