Viveiro, 15 de marzo, 2022. En maio de 2021 o Concello de Viveiro recibiu a denegación do Fondo de Compensación Ambiental, o que suporía unha subvención de máis de 90.000€ para a execución de melloras na rede de saneamento e abastecemento e reposición de beirarrúas en Magazos. Ante isto, convocouse e debatiuse entre os grupos políticos presentar un recurso Contencioso-Administrativo no Xulgado no mes de novembro, nestas reunións o BNG de Viveiro reiterouse e instou ao Goberno Municipal na necesidade de chegar ata o Xulgado para defender os intereses da veciñanza de Viveiro tras a denegación da subvención.
Por outra banda, en febreiro de 2022 rematou o prazo de presentación para a convocatoria de 2022 do citado Fondo, que debera ter adxunto un proxecto ou plan no que se investiría a subvención. O BNG non comprende a actidude do Goberno Municipal ao convocar a todos os grupos e colectivizar os problemas e, cando se trata de iniciativas e oportunidades, como é esta subvención, non se compartan e acorden cos demais grupos. Tome como exemplo Concellos veciños como Muras, no que se debatiu en Pleno ata 5 proxectos para a participación no Fondo de Compensación Ambiental.
Ante isto, rogamos ao goberno municipal que informe sobre o estado do Fondo de Compensación Ambiental, tanto o recurso presentado sobre a anualidade 2021 e, se foi presentada a solicitude da anualidade 2022, informe sobre o seu estado e os proxectos presentados.






















En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.


