Burela, 3 de marzo de 2022. As Concellerías de Deportes e de Servizos Sociais únense para ofrecer escolas deportivas de envellecemento activo para xoves de máis de 60 anos empadroados en Burela.
Segundo explican Carmela López e Ramiro Fernández “estas actividades están dirixidas a persoas activas e será o técnico de deportes do Concello de Burela, Iván Cao Lucas, o que imparta as clases, que serán lúdicas baseadas en xogos, estiramentos, forza xeneral con pesas, circuítos técnicos, actividades de coordinación…”.
A inscrición poderá realizarse na Casa do Concello do 7 ao 9 de marzo. A adxudicación de prazas será por rigorosa orde de inscrición, sempre que se cumpran os requisitos esixidos. As persoas interesadas en participar poden descargar a ficha de inscrición na web www.burela.org ou ben recollela no Casa do Concello.
As escolas deportivas para xoves de mais de 60 anos terán lugar en dous grupos os luns e os mércores na praza de abastos. O horario do primeiro será de 9:30 a 10:30 horas e o do segundo de 10:30 a 11:30 horas.
As actividades de Envellecemento Activo desenvolveranse do 14 de marzo ao 15 de xuño e do 19 de setembro ao 14 de decembro. A cota de inscrición é de 6 euros ao mes.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.


