Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2022. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, mantivo hoxe unha xuntanza con representantes das principais entidades asociativas da frota galega para abordar a situación do sector ante a escalada nos prezos dos combustibles. Nela a titular de Mar expuxo a necesidade de actuar con celeridade e de adoptar medidas que teñan un efecto inmediato no sector, polo que demandou a convocatoria urxente dunha Conferencia Sectorial de Pesca por parte do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación para que o Executivo do Estado e as comunidades autónomas poidan avaliar distintas medidas a adoptar para afrontar o encarecemento do gasóleo, agravado nas últimas semanas pola guerra en Ucraína.
A representante da Xunta lembrou que o propio xefe do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, propuxo na Conferencia de Presidentes da pasada fin de semana a posibilidade de rebaixar -de xeito xeneralizado, non exclusivamente á pesca- o IVE dos hidrocarburos ata situalo no tipo reducido ou superreducido. Neste sentido, Rosa Quintana defendeu a necesidade de que o Goberno central eleve unha consulta á Unión Europea sobre a posibilidade de aplicar esta medida, que tería un efecto inmediato dado que os impostos supoñen arredor da metade do prezo dos combustibles.
A conselleira do Mar salientou esta proposta como unha das posibilidades para actuar a curto prazo, á que engadiu outras máis específicas para o sector marítimo-pesqueiro como a concesión de axudas de mínimis para as frotas pesqueiras que non acaden o nivel mínimo de rendibilidade -de xeito compatible coas percibidas pola crise xerada pola pandemia do coronavirus- ou a flexibilización temporal e limitada das restricións á importación de materias primas que emprega o sector transformador de produtos do mar como poden ser os aceites.
Nesta liña, tamén trasladou a posibilidade de que España pida a Bruxelas unha flexibilidade interanual dos totais admisibles de capturas (TAC) e cotas, para que a frota poida consumir o próximo ano as cotas que non utilice este ano como consecuencia do encarecemento do gasóleo e da folga dos transportistas.
Reunión do Goberno central co sector
Rosa Quintana salientou a importancia de actuar de xeito inmediato para evitar a perda de frota -que foi esencial durante a pandemia para abastecer de alimentos de calidade á cidadanía- e lamentou que na reunión mantida onte polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación co sector pesqueiro -á que non asistiron as comunidades autónomas- non se abordaron medidas demandadas polo sector e polos Gobernos autonómicos. Entre elas, a exoneración do IVE do gasóleo, a concesión directa de axudas de mínimis ao sector, a redución nos pagos á Seguridade Social ou a prórroga de préstamos e liñas ICO procedentes da etapa covid.
Pola contra, lamentou a titular de Mar, só se avaliaron medidas ao abeiro do artigo 26 do novo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura (Fempa) para manter a subministración nos mercados e que non terían aplicación a curto prazo. Referiuse así ás axudas directas en base a un marco temporal específico que tería que desenvolver a Unión Europea ou as axudas para almacenamento de produtos da pesca, con dificultades de aplicación e beneficios limitados malia que é unha das poucas cuestións financiadas ao 100% polo Fempa.
A iso, engadiu a representante da Xunta, hai que sumar que aínda non está aprobado o programa operativo do Fempa en España, algo que pode tardar meses, polo que os apoios ao sector chegarían moi tarde. Por iso, Rosa Quintana insistiu na necesidade de actuar coa máxima celeridade pois ao problema polo encarecemento dos combustibles engádese a paralización da loxística do pescado, o que xera importantes perdas no conxunto do sector marítimo-pesqueiro galego.





















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



