Ribadeo, 7 de marzo de 2022. Hoxe seguiron os actos organizados pola Concellaría de Igualdade para celebrar o Día Internacional das Mulleres.
Dentro do programa O Concello cos Coles, hoxe estivo en Ribadeo a coñecida rapera Miss Raisa. Un total de 255 rapaces e rapazas do CIFP Porta da Auga, do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo e do colexio Sagrado Corazón asistiron a esta actividade denominada Miss Raisa, unha mirada desde dentro para derrubar prexuízos. Consistiu nunha charla-coloquio-showcase. Raisa, muller de orixe marroquí, falou de distintas temáticas que lle tocan de moi preto, tales como o racismo, a desigualdade de oportunidades e a liberdade de expresión, rompendo estereotipos e visibilizando certos aspectos que vive no seu día a día. Miss Raisa cantou acompañada de Mackiu, estreita colaboradora súa.
Os actos conmemorativos do 8 de marzo seguirán mañá, martes, ás 18:00 horas na rúa Rodríguez Murias, onde en colaboración co CIFP Porta da Auga, terá lugar a inauguración da exposición de fotos feitas por Xesús Varela nese centro, que se poderá ver ata o 12 de marzo. Co título A Educación: a porta para o cambio social mostra as diferentes familias profesionais que se imparten no CIFP Porta da Auga e cal é a representación das mulleres nelas. O obxectivo é visibilizar á muller sen caer en estereotipos nin imaxes caducas: en defender a libre elección sen prexuízos, sen medos, porque sen cambio non hai futuro.
A concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, anunciaba tamén hai uns días que “así mesmo o Concello participará no acto organizado pola plataforma Galegas 8M que este ano se celebrará en Barreiros ás 20:00 horas, ao que convidamos a asistir”.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



