Ribadeo, 17 de marzo de 2022. Merécelo papá é a nova campaña da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos para celebrar o dia do pai neste 2022. Acisa Ribadeo sortea 3 premios, 1 experiencia de dous días de desconexión (1 noite mais almorzo) para dúas persoas a escoller entre 2800 estancias nacionais, 1 experiencia de aventura a escoller entre mais de 5.500 actividades e outro premio de 100 euros en vales de compra.
Aquelas persoas que realicen as súas compras nos establecementos asociados a Acisa Ribadeo ata o vindeiro domingo, día 20, entrarán no sorteo deses agasallos que se celebrará o luns nas oficinas da asociación mediante un sistema de xeración de números aleatorios.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, lembrou que “nesta ocasión sorteamos 3 premios diferentes: 1 experiencia de dous días de desconexión (1 noite mais almorzo) para dúas persoas a escoller entre 2800 estancias nacionais, 1 experiencia de aventura a elixir entre mais de 5.500 actividades e outro premio de 100 euros en vales de compra. O sorteo será emitido a través do facebook da asociación e despois Acisa darémoslle a debida publicade mediante un comunicado, en redes sociais, na nosa web, en prensa escrita e dixital e nas radios”.
O presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, Francisco Iriarte, dixo que “os gañadores terán ata o dia 27 de marzo para presentarse nas oficinas de Acisa a recoller o premio, de non facelo perderán ese dereito. Si quedase algún premio deserto o dia 28 de marzo farase un segundo sorteo coa mesma mecánica e haberá un segundo prazo de recollida ata o 4 de abril”.
Desde Acisa incidiron “na necesidade de seguir apostando polo comercio local para facer as compras destas datas e pola hostalería local para as celebracións familiares”.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



