A Mariña, mércores 30 de marzo 2022. Na tarde de hoxe, os deputados Xosé Luis Rivas “Mini” e Daniel Castro, xunto con Fernando Suárez alcalde de Ribadeo e a alcaldesa de Barreiros Ana Ermida mantiveron unha reunión con gandeirxs da zona na parroquia ribadense de Remourelle, limítrofe con Barreiros, para analizar propostas e solucións diante da difícil situación que atravesa o sector agrogandeiro.
Situación insostible nas explotacións
As explotacións lácteas que ainda quedan neste país e na comarca corren moitas delas un serio perigo de peche. En Galiza prodúcese o 45% do leite de todo o Estado. Un produto de superior calidade e cun medio de producción baseado na superficie agraria que en boa medida sustenta á alimentación e dá espazo á cabana gandeira. Para o BNG, boa parte deste sector amosa unha dependencia perigosa dos insumos esóxenos que na volatilidade dos seus prezos, periódicamente, someten a duras probas a viabilidade destas explotacións. A esto hai que sumar a suba dos oligopolios da eléctricas e dos combustibles que fan insostible a situación, que nas últimas semanas se volveu caótica, ainda que como afirman os nacionalistas, este problema do elevado custe dos insumos non se pode xustificar nin coa guerra ruso-ucraína nin coa pandemia, pois o problema é moi anterior, tal como tén denunciado o BNG en numerosas ocasións.
Interlocución co sector e fixar custes de producción de referencia vinculantes e obrigatorios
Os deputados Xosé Luis Rivas ”Mini” e Daniel Castro denunciaron a impasibilidade dos goberno da Xunta e do Estado, o da Xunta coa súa teimosa negativa a actuar de árbitro ou intermediario e o Goberno do Estado que “se lava as mans” logo de facer unha burla de lei da chamada Lei da Cadea Alimentaria que teóricamente obriga a que os prezos en orixe dos alimentos se adapten ao que custa producilos, pero que na práctica non establece mecanismos para que eso se cumpla, por eso instan ao Goberno do Estado a fixar na práctica uns custes de producción vinculantes e obrigatorios.
Instan tamén á Xunta a promover un Foro de encontro, debate e negociación, arbitrado e moderado pola Consellería de Medio Rural, donde estean representados todos os actores da cadea de produción e obtención do leite e derivados.
En definitiva, e dada tamén a crítica situacion actual, o BNG demanda do goberno do Estado e da Xunta de Galiza a proteccion do sector agro-gandeiro evitando a venda a perdas, impulsando a compra pública de pensos para garantir a subministración e impulsando axudas polo incremento dos custes de producción, sigularmente enerxía e combustibles.
Manifestación “Contra a suba de prezos, fagámonos valer”, domingo 3 de abril
Desde o BNG animan a todos os sectores económicos da Mariña e á sociedade en xeral a acudir á manifestación do domingo 3 de abril en Santiago de Compostela, ás 12:00 con saída da Praza 8 de marzo/Porta do Camiño e remate na Praza da Quintana. Haberá autobuses e quen o desexe pode anotarse no tfno 982 140 654 ou no correo amarinha@bng.gal





















O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.



