Madrid, 10 de marzo de 2021. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, mantén un encontro con representantes da frota que faena nos caladoiros do Cantábrico ameazados pola instalación de parques e complexos eólicos. Rego traslada que o BNG xa rexistrou distintas iniciativas na cámara baixa reclamando que o Goberno do Estado atenda o contido do “Manifesto de Burela en defensa do sector pesqueiro” co obxectivo de protexer o sector pesqueiro. Así mesmo, reitera que o BNG rexeita a implantación da eólica mariña na costa galega polos enormes prexuízos que causaría ao sector e tamén polos danos nos ecosistemas mariños.
A través do denominado “Manifesto de Burela”, asociacións e Federacións de Confrarías, así como armadores e outras organizacións están a alertar sobre os diferentes proxectos de implantación de enerxía eólica mariña. Estes proxectos poñen perigo a actividade pesqueira por canto as instalacións preténdense situar en caladoiros de pesca e tamén na proximidade de Espazos Mariños que gozan dalgún tipo de protección. O deputado do BNG no Congreso vén de manter un encontro con asinantes do manifesto e traslada as novas iniciativas rexistradas na cámara baixa.
O deputado Néstor Rego, destaca que a plataforma continental galega non é apta para a instalación de proxectos de eólica mariña por ser moi estreita. Esta conformación natural e xeolóxica implicaría que os aeroxeradores deberan colocarse a moi pouca distancia da costa, e afectarían directamente aos caladoiros principais da nosa frota de baixura, ademais dos prexuizos para a biodiversidade mariña.
“Queremos evitar o severo prexuízo ao sector pesqueiro e os danos nos ecosistemas mariños que supoñería a implantación deste tipo de instalacións eólicas” explica o deputado nacionalista. Por este motivo, insta o Goberno a avaliar, a través do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e do Instituto Español de Oceanografía (IEO), o impacto da instalación de polígonos de eólicos mariños sobre os recursos pesqueiros e as zonas de traballo das diferentes artes e segmentos de frota que operan no caladoiro nacional do Cantábrico-Noroeste e os seus efectos sobre a economía das comunidades pesqueiras do Cantábrico.
A incompatibilidade dos proxectos eólicos coa actividade pesqueira e o mantemento da biodiversidade nos ecosistemas mariños faise máis gráfica “cando falamos da contaminación acústica, coas graves consecuencias que ten para aves e mamíferos mariños, e os cambios na rapidez e dirección das ondas, así como os posíbeis efectos de alteración das correntes mariñas e a súa afectación aos substratos e a biodiversidade”.
A plataforma entende, tal e como recolle no “Manifesto de Burela”, que a pesca forma parte da solución para paliar o cambio climático, e os pescadores “non podemos ser substituídos nos mares por industrias que afecten ao modo de vida e aos nosos ecosistemas en prexuízo de toda a sociedade e para beneficio de empresas enerxéticas que demostraron estar moi apartadas do interese xeral e do ben común”. Especialmente na Galiza, e no máis concreto na comarca da Mariña, onde unha porcentaxe elevada da cidadanía depende directa e indirectamente da actividade pesqueira.





















O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.



