Alfoz, 17 de marzo, 2022. O Concello de Alfoz organiza para os seus veciños e veciñas 12 cursos intensivos, gratuítos e en grupos reducidos para aprender a utilizar o móbil.
Comenzarase con cursos de nivel básico no mes de abril e logo, no mes de maio, impartiranse os de nivel avanzado.
Van dirixido a toda a poboación pero, especialmente aos máis maiores, incluido o alumnado do Programa de Envellecemento Activo Municipal “Activamente”.
Tamén se realizará un curso específico para Asociacións e Clubs de Alfoz, para axudarlles no manexo do certificado electrónico, sedes electrónicas das distintas Administracións Públicas, solicitudes de subvencións, etc.
O obxectivo principal é acurtar a chamada ‘fenda dixital’, que implica que unha parte da poboación -maioritariamente nova- manexa con soltura ferramentas tecnolóxicas e aproveita o seu potencial, mentres outra parte -os maiores- pérdense eses beneficios por carecer dos coñecementos necesarios.
Neste sentido, os cursos de uso do smartphone mostrarán as principais aplicacións de transportes, saúde, almacenamento de arquivos na nube, seguridade, entretemento ou información. Tamén se centrarán nas apps bancarias e nas aplicacións de mensaxería instantánea, como WhatsApp.
Trátase de introducilos nos beneficios que poden aproveitar independentemente da súa idade. En paralelo, evítase o seu illamento, refórzase a súa autoestima e sentimento de pertenza ao grupo, e facilítanse as súas xestións e a súa día a día grazas ás opcións que permiten estes dispositivos.
Comezarase con cursos de nivel básico e logo de nivel avanzado, todos en 2 sesións de 1 hora e media, o luns e o mércores na Casa da Cultura. Hai 2 horarios para elixir, o primeiro de 17:00h a 18:30h e o segundo de 18:45h a 20:15h.
As persoas interesadas poden anotarse na Casa do Concello (Oficina de Rexistro) ou chamado ao 982 558 001 (ext.3). Para máis información poden chamar ao 982 558 001 (ext.2).

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



