Ribadeo, 10 de marzo de 2022. Dende o mes de maio do pasado ano 2021, a Asociación Por Nuestro Faro mantén de novo contacto coa oficina do Defensor del Pueblo, en Madrid, diante da que temos exposto as nosas queixas en relación a algunhas das irregularidades detectadas por nós no desenvolvemento da concesión da Illa Pancha. Queixas que se resumen nos últimos parágrafos do escrito presentado hai case un ano: “(…) por el incumplimiento del Ayuntamiento de Ribadeo (…) al aprobar un nuevo proyecto de cafetería en la Isla Pancha que, a todas luces, viene a incrementar los impactos medioambientales del proyecto anterior y que no ha sido evaluado de ninguna forma de acuerdo con la normativa (…)”
En días pasado rematamos de recibir unha información do Defensor, da que a parte fundamental é a seguinte:
“Con relación a su queja, tramitada con el número arriba indicado, ante la tardanza en recibir la información que esta institución solicitó a la Consellería de Medio Ambiente, Territorio y Vivienda, se le informa de que con esta misma fecha se ha solicitado su remisión urgente.”
É dicir, de novo as administracións entorpecen a defensa do territorio e dos administrados.
Lembramos que o mesmo Defensor ten apuntado xa en outubro de 2018 que as nosas queixas van ben encamiñadas. Así, como dicía nun parágrafo nun escrito desa data, “En las actuaciones descritas por la Autoridad Portuaria no se ha solicitado el parecer del órgano ambiental ni tampoco se han aportado datos objetivos sobre la no afección del uso hotelero al espacio protegido, lo cual es insuficiente para excluir la evaluación ambiental.”
Por desgraza, diversas administracións, do concello ó Estado, pasando pola Xunta, teñen debilitada ou inexistente a defensa do común e do interese xeral e medioambiental, o que fixo que, naquel momento, e a pesar dos indicios evidentes, o Defensor chegara ó límite das súas funcións e non puidera seguir adiante.
Agora, seguindo o noso camiño por unha illa Pancha de todos e en harmonía co medio ambiente, remitimos no seu momento documentos abondos como para abrir un novo expediente. E é que na Illa Pancha seguen a producirse novas incidencias, e o acudir ó Defensor forma parte dos nosos esforzos por lograr a illa Pancha que Ribadeo se merece.





















Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



