Santiago, 11 de marzo de 2022. O Parlamento galego aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través das que se solicita a posta en marcha da marca Leite de pastoreo, impulsando así o produto galego baixo o paraugas de Galicia Calidade Alimentaria. “A promoción é clave para os sector leiteiro galego polo que, ademais da implantación das medidas contidas na Estratexia do sector lácteo, é fundamental o impulso desta marca de leite como un selo que se suma ao de Galega 100%”, manifestou a viceportavoz do Grupo Popular, Elena Candia.
Na súa intervención, Candia recoñeceu “as dificultades polas que atravesa o sector gandeiro motivado polo incremento dos seus custos de produción, polo que desde o PPdeG insistimos na necesidade dun esforzo por parte dos demais axentes da cadea de valor”. “O gandeiro é o elo máis sensible da cadea e temos que apoialo na súa actividade, clave para dar continuidade a todo o proceso produtivo”, manifestou.
SEGUIR AVANZANDO
A viceportavoz popular lembrou que Galicia produce o 40 por cento do leite de toda España e acolle máis da metades das explotacións lácteas do total nacional. Deste xeito, Galicia produce tanto leite como a suma das seguintes catro comunidades españolas con maior produción (Castela e León, Cataluña, Andalucía e Asturias) e se atopa entre as nove primeiras comunidades en produción de leite de Europa.
“Neste situación, hai que seguir avanzando para consolidar ao sector lácteo galego como un eido produtivo estratéxico para o noso rural”, indicou Elena Candia, quen lembrou que “os produtos de calidade diferenciada son puntais de Galicia Calidade e por iso celebramos o anuncio de creación dunha nova sección específica de produto agroalimentario que se chamará Galicia Calidade Alimentaria”.





















Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



