Foz, 11 de marzo de 2022. O plan de mobilidade é un dos documentos más importantes para calquera concello con áreas urbanas relevantes, como é o caso de Foz. Debido ao escurantismo co que proceden o alcalde, Fran Cajoto, e o seu equipo o único que se sabe deste plan é que foi aprobado por decreto polo alcalde. A vista da situación, os concelleiros populares preguntaron no pasado pleno ordinario por este asunto, así como polo rueiro. O portavoz popular, Javier Castiñeira, sinala: “Parece que o alcalde quere aprobar o plan de mobilidade pola porta de atrás, como fixo cun decreto de alcaldía”.
Castiñeira explica: “No pasado pleno ordinario, o grupo municipal do PP preguntou por dúas cuestións que afectan á mobilidade e a organización do concello e de novo se demostrou a falta de transparencia e o ocultismo co que opera o goberno municipal. O plan de mobilidade iniciouse de boas formas e participando os grupos da corporación e os veciños; encargouse a redacción a unha empresa, aprobouno o alcalde por decreto e agora ninguén sabe nada dese documento. O PP tivo acceso a el, pero é preciso que sexa explicado aos veciños”.
Por outro lado, os concelleiros populares preguntaron polo cambio do rueiro, unha noticia que deu o alcalde hai uns meses. Castiñeira sinala: “Parece que se encargou a unha empresa e tamén parece ser que pasou o tempo de que se entregara ese traballo. Ninguén, nin asociacións nin os grupos políticos sabemos nada dese cambio de numeración e do rueiro e, polo tanto, queremos que se aclare e que se dea participación aos grupos da corporación, pero tamén a todos os veciños”.
No PP din que a falta de transparencia do goberno municipal tamén se aprecia en relación co proxecto da A-74. “O alcalde presume de presentar alegacións no tramo de Foz cara Burela, pero non fixo as reunións que el mesmo prometeu cos veciños de Cangas, Nois e Fazouro para explicar a afección dese proxecto nas parroquias e a tantas propiedades como toca”. Engade: Son incumprimentos absolutos da participación e da transparencia da que tanto presumen PSOE e BNG, especialmente antes das eleccións”.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



