Lugo, 21 de marzo de 2022. A presidenta provincial do PP, Elena Candia (deputada autonómica) e os deputados populares no Congreso por Lugo Jaime de Olano e Joaquín García Díez mantiveron esta mañá unha reunión con representantes da confraría de pescadores de Burela. Este encontro forma parte dos que con frecuencia manteñen o portavoz de pesca do PP e deputados lucenses co sector pesqueiro. Os populares anuncian novas iniciativas no Congreso en relación co sector pesqueiro; en concreto, García Díez preguntará ao ministro Planas, na sesión plenaria de control ao Goberno que se celebrará o mércores, día 23, polas medidas que pensa adoptar para garantir o abastecemento de produtos básicos á poboación.
A presidenta provincial do PP explicou: “Esta mañá asistimos a unha reunión cos nosos deputados nacionais Joaquín García Díez e Jaime de Olano co presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores, Basilio Otero. Por un lado, para trasladar o noso apoio a todo o sector -moi importante na nosa provincia- e para analizar a batería de medidas que se consideran necesarias”. Engadiu: “Como presidenta do PP na provincia de Lugo quero destacar a importancia do sector da pesca na nosa costa e poñernos á súa disposición nun momento no que este sector di que non aguanta máis, porque os prezos do combustible se triplicaron e os gastos fan inviable e insostible a actividade”. Destacou: “Temos un Goberno nacional que non só non fai (a súa inactividade é indiscutible), senón que tampouco escoita”.
Jaime de Olano, vicesecretario de Participación do PP, sinalou: “España no puede esperar más. Son miles y miles de autónomos y pymes, millones de familias que ya no aguantan más esta situación de subida de precios (la mayor en los últimos 33 años) que les empobrece, les impide llegar a fin de mes, les obliga a no encender la calefacción o les hace imposible seguir con su negocio abierto. Las grandes empresas están parando la producción por los costes energéticos”. Lembrou que fronte á pasividade do Goberno, o PP ofrece solucións: “El PP presenta propuestas: El PP tiene una alternativa útil para los españoles, que va en línea con lo que se está haciendo en los países de nuestro entorno. Por un lado, rebajar la factura de la luz, y, para ello, presentamos una propuesta para rebajar la factura de la luz un 20% de manera inmediata; Sánchez la rechazó hace unos meses, pero la sigue teniendo encima de la mesa. Por otra parte, para reducir los precios de los carburantes mediante la reducción de los impuestos (IVA y especial de Hidrocarburos) al mínimo e incluso la supresión del IH y que reducirían el precio del gasoil y gasolina: hasta un máximo de 40 €/deposito”.
Olano manifestou: “¿Y dónde está el gobierno? Sánchez de ruta por Europa, mientras los españoles se empobrecen día a día, el Gobierno recauda impuestos como nunca antes, agravando la situación”.
Na reunión en Burela, segundo explicou García Díez, “analizáronse as medidas que propuxemos no Congreso dos Deputados durante a comparecencia do ministro Planas o pasado día 9 de deste mes de marzo, tales como a aplicación urxente de axudas directas ou bonificacións fiscais”. Naquela ocasión, o deputado portavoz de pesca do PP pediulle ao ministro que se reunise urxentemente cos representantes dos pescadores que lle pedían a reunión; critica que vaian transcorrer 15 días ata esa reunión, prevista para o próximo día 23.
O presidente da Federación Nacional de Confrarías agradeceu ao deputado popular a defensa que fixo das reivindicacións que desde as organizacións pesqueiras veñen trasladando ao Goberno. Para García é inaceptable que, diante da grave situación pola que atravesa o sector, non se sentaran xa a dialogar e buscar solucións cos responsables da folga de transportistas que esta deixando desabastecida de alimentos á poboación, causando perdas millonarias e poñendo en perigo a vida de animais.
Os deputados populares acusan o Goberno de inacción e de falta de previsión así como de descoordinación, pois mentres fían todo aos acordos que adopten a UE e o Goberno de España previstos para o día 29, outros países europeas xa aplicaron medidas para paliar o custo dos combustibles, como Francia, Italia, Irlanda ou Portugal.























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



