Lugo, 15 de marzo de 2022. A crise que está a provocar nos distintos sectores económicos na provincia de Lugo o encarecemento desmedido dos prezos da enerxía constitúe unha ameaza certa para moitas empresas lucenses. Os populares consideran que a Administración no pode permanecer pasiva diante da actual situación. Consideran que a Deputación ten que xogar un papel relevante nesta crise. O portavoz do PP, Javier Castiñeira, solicita do goberno da Deputación a convocatoria urxente dos representantes do tecido económico para analizar a situación e determinar cal debe ser o papel da institución provincial. Suxire que se precisan axudas directas, que poden saír dos remanentes da Deputación.
Castiñeira sinala: “Diante da grave situación que está a pasar o tecido económico lucense, e de maneira especial os sectores agrogandeiro, pesqueiro e do transporte, solicitamos ao goberno da Deputación de Lugo, e especialmente ao seu presidente, que canto antes cite aos representantes dos empresarios e de todos eses sectores para analizar a situación e saber cal debe ser o papel da Deputación de Lugo nesta crise importante, enerxética, que xa vén de meses atrás”.
O portavoz popular lembra que o seu grupo “xa avisou no seu momento das consecuencias que traerían os altos custos da enerxía e dos materiais de construción; a guerra en Ucraína está afondando nesta inflación, que se está volvendo destrutiva do tecido produtivo de Lugo”. Por elo, pide ao socialista José Tomé que, como presidente da Deputación, “xunte canto antes aos representantes do tecido económico lucense e a aos grupos políticos, para entre todos analizar cal debe ser o papel da Deputación e aportar recursos para evitar que vaian caendo sectores”. Engade: “Debemos anticiparnos, como outras deputacións xa o están a facer”.
Castiñeira apunta á posibilidade “de usar parte do remanente da Deputación de Lugo”. Lembra que a Deputación non o fixo así na crise da covid. “Entón non houbo axudas directas e o Plan Impulsa foi un plan de propaganda que non deu resultado; agora temos que ir moito máis ao directo e establecer axudas directas que palíen os grandes problemas que está a pasar o noso tecido produtivo”.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



