Lugo, 7 de marzo de 2022. Europa enteira mobiliza recursos para apoiar ao pobo ucraíno diante da invasión do seu país polo exército ruso, por orde do seu presidente, Putin. O grupo provincial do PP considera que a Deputación de Lugo non pode desentenderse da súa obriga de colaborar solidariamente no apoio aos cidadáns ucraínos. O portavoz popular, Javier Castiñeira, envía unha carta ao presidente da Deputación, o socialista José Tomé, para demandar a posta en marcha de accións solidarias.
Castiñeira sinala: “O grupo provincial popular rexistrou hoxe unha carta dirixida ao presidente da Deputación na que nos poñemos a disposición do goberno para que esta institución lidere unha acción de solidariedade co pobo ucraíno. Vemos como veciños da provincia toman iniciativas pola súa conta, que nos enchen de orgullo, pero precisamos que a Deputación de Lugo programa e coordine cos concellos actuacións co obxectivo de prestar auxilio ao pobo ucraíno”.
Os populares solicitan “que a Deputación poña recursos e medios como o Parque Móbil, para tratar de centralizar a recollida de material por toda a provincia e que coordine coas oenegués estas accións para traballar de maneira organizada”. Cren que o organismo provincial “debe aportar recursos loxísticos para que esa axuda chegue o antes posible ao seu destino”.
Castiñeira explica: “Solicitamos que o ente provincial se brinde a acoller refuxiados e a facilitarlles os medios para que poidan asentarse na provincia coa maior brevidade posible”.
O portavoz popular sinala que “estas accións xa se levan a cabo por moitas outras deputacións; a de Lugo non pode permitirse outra vez chegar tarde como pasou coa covid”. Engade: “Ademais das accións directas que se poidan coordinar dende a Deputación de Lugo, o grupo do PP pídelle ao goberno que redacte unha declaración institucional de condena absoluta ás accións do goberno ruso, presidido por Putin, e en contra da invasión dun país soberano como é o de Ucraína”.



















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



