Lugo, 11 de marzo de 2022. O portavoz de Emprego do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, demandou hoxe a posta en marcha desde as distintas administracións dun plan de apoio aos autónomos “conscientes de que son un dos colectivos que máis están a sufrir as dificultades derivadas do actual contexto económico”. Este plan de choque, co que busca apoiar aos preto de 208.000 autónomos galegos, dos que 32.000 son lucenses, estaría baseado en tres eixos: novos estímulos para evitar peches e contribuír ao seu fortalecemento, reducir a fiscalidade que soporta este colectivo e, finalmente, medidas dirixidas a frear a escalada de prezos.
Segundo Balseiro, “os autónomos, que son un colectivo prioritario pola súa capacidade de creación de riqueza e de emprego, precisan de reaccións inmediatas para evitar que se poña en risco o seu futuro, xa que aínda arrastran as consecuencias das restricións derivadas da pandemia e no último ano soportan, ademais, a escalada dos prezos enerxéticos, da escaseza e incremento dos prezos das materias primas, da alza da inflación e da alza do salario mínimo”.
MEDIDAS DE ESTÍMULO
No primeiro dos ámbitos, o portavoz popula puxo como modelo á Xunta, insistindo na necesidade de dar continuidade ás medidas de apoio e de estímulo que contribúan á viabilidade e consolidación dos proxectos empresariais e da actividade económica que realizan os autónomos.
Así, lembrou que só no pasado ano o Goberno galego ten inxectado máis de 610 millóns de euros en axudas directas ao tecido produtivo galego, constituído na súa maioría (no 97%) por autónomos e microempresas.
O deputado popular tamén cre que “a liña a seguir por outras administracións deben ser a das reformas emprendidas polo actual Goberno galego, tales como a eliminación de trabas burocráticas, a mellora das medidas de impulso ao traballo por conta propia, así como a posta en marcha de axudas directas e de vías de asesoramento como a nova oficina virtual”.
REDUCIR A FISCALIDADE E A ALZA DE PREZOS
Para Balseiro tamén “é imprescindible unha redución da presión fiscal que soportan os autónomos e, por suposto, desterrar calquera intento de subir o que pagan polas súas cotizacións, como xa aconteceu o pasado decembro, coa suba que o Goberno de Pedro Sánchez incluíu nos orzamentos xerais do Estado, sen comunicación previa nin diálogo co sector”.
Desde o PP, o novo sistema de cotizacións para autónomos debe nacer do consenso e non debe permitirse que a maioría dos autónomos vexan incrementados os seus custos de xeito inxusto e co único afán recadatorio.
Finalmente, Balseiro reclama tamén medidas eficaces para conter a escalada de prezos actual. Neste sentido, censurou iniciativas do Goberno de España como a suba de impostos aos carburantes e do imposto de matriculación e de circulación; as novas tributacións sobre plásticos e residuos; xunto á harmonización fiscal á alza. Tamén son negativas iniciativas futuras, como establecemento de peaxes pola utilización das autovías, que suporán que paguen máis os autónomos.


















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



