Santiago de Compostela, 16 de marzo 2022. A portavoz nacional, Ana Pontón, citou aos medios nunha estación de servizo para explicar as propostas do BNG en relación á escalada de prezos, tendo en conta que os carburantes entraron na espiral inflacionista que está impactando de cheo nas familias, nas empresas e en sectores produtivos clave como a agricultura, a pesca e o transporte.
“A escalada de prezos segue imparable: luz, gas, carburantes, cun IPC marcando cifras que non se vían en décadas, de feito, hai que remontarse a 1992 para encontrar un aumento de prezos do 8%, como o que rexistro Galiza no último mes, aumento dos prezos que empobrece ás familias, afecta á competitividade das empresas e pon contra as cordas a moitos sectores produtivos que apenas empezaban a saír da crise”, indicou Pontón.
Precisamente no impacto nos sectores produtivo puxo o foco Pontón, con propostas encamiñadas a paliar os efectos da inflación nas explotacións agroganderias, na frota pesqueira que empeza a amarrar ou no transporte por estrada, “sectores que foron fundamentais durante a pandemia” pero que volven estar ó límite coa subida do gasóleo, da factura eléctrica ou co aumento de prezos en moitas das materias primas imprescindibles para a súa actividade, por exemplo os pensos no sector primario.
“A este ritmo e sen tomar medidas eficaces e urxentes, cantos negocios van verse forzados a baixar a persiana, cantas explotacións leiteiras están en risco, cantos barcos pesqueiros van quedar amarrados ou cantos transportistas van deixar o seu camión aparcado?”, interpelaba a portavoz nacionalista, antes de dar paso ás medidas que o Bloque pon sobre a mesa.
Para empezar, que se cumpra a Lei da cadea alimentaria e se impida a venda a perdas no sector agrogandeiro, para o que tamén o BNG propón a compra pública de pensos para garantir un abastecemento a prezos razoables; fixar un prezo máximo para a electricidade no sector primario e axudas extraordinarias ao sector gandeiro e pesqueiro a través do que se coñece como axudas mínimis, ás que non superan os 200.000 €, e que poden ser en forma de subvencións, préstamos ou deducións. Igualmente, no paquete de medidas destinadas ao sector primario, manter as bonificacións ao combustible da frota pesqueira.
En relación ós carburantes, o Bloque demanda que o Estado garanta o prezo dos hidrocarburos no límite que existía antes da escalada de prezos; a rebaixa de xeito temporal dos impostos a gasolina e gasóleo, distinguindo entre consumo doméstico e profesional, e reducir as peaxes en todas as autoestradas tanto as de competencia estatal como autonómica.
No que afecta á factura da luz, a formación nacionalista reclama unha actuación inmediata sobre o mercado enerxético, “poñendo fin ós beneficios caídos do ceo” que están derivando en plusvalías multimillonarias para o lobby eléctrico, e a posta en marcha da tarifa eléctrica galega que permita as familias e as empresas beneficiarse de ser Galiza rica en electricidade.
E no medio desta crise de prezos, que da outra volta de torca á situación económica derivada da pandemia, a líder do Bloque critica que o aínda presidente da Xunta siga de campaña electoral do PP mentres sectores produtivos enteiros están nunha situación límite.
“Pero en vez de estarse ocupando dos problemas dos e das galegas, Feixóo segue en campaña electoral para unhas eleccións do PP ás que só se presenta el. É evidente que a súa prioridade é o seu partido popular e as súas liortas internas e non Galiza, de tal xeito que se até o momento tiñamos un Goberno do PP e un presidente incapaz de dar solucións ós problemas do País agora temos un presidente ausente que sigue cobrando o seu salario dos galegos e das galegas mentres anda de mitins por España adiante”, recriminou Pontón.
Galiza “non se merece” este desprezo cando máis necesita un “goberno que tome decisións e se poña á fronte para poder dar alternativas a crise derivada da alza de prezos”, concluíu.





















Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



