Lugo, 29 de marzo de 2022. O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, asegurou que o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijóo, utiliza medios públicos para facer a súa campaña política para liderar o PP. “Cando en España saiban o bo xestor que é Feijóo, devolvendo fondos europeos, fondos covid ou fondos de emprego e de vivenda, xa me dirán que exemplo vai ser para o resto do país”, dixo en declaracións aos medios de comunicación antes do Pleno da Deputación de Lugo celebrado hoxe.
“Feijóo está utilizando o que lle pagamos na Xunta de Galicia todos os galegos e galegas para facer campaña por España adiante. Se quere andar de mitins, o que ten que facer é dimitir e deixar a Xunta de Galicia, e dedicarse á política nacional, que ten todo o dereito do mundo, pero que llo pague o Partido Popular. Os galegos non temos por que pagarlle, primeiro que non se dedique a Galicia e segundo, os gastos de andar por España adiante dando mitins”, afirmou o mandatario socialista.
José Tomé aludiu ao Congreso que o PP vai a celebrar en Sevilla: “Agora parece que quere rescatar o congreso de Sevilla da época de Manuel Fraga, unha cita na que rompeu aquela carta famosa do señor Aznar. Non sei se agora tamén ten algunha persoa por aí que lle entregue unha carta para romper o señor Feijóo. O que si, sen carta nin nada, é necesario que dunha vez dea paso a outra persoa no Goberno da Xunta de Galicia, porque Galicia non pode ser un muñeco nas mans de Feijóo, sen goberno, sen dirección, sen propostas, sen plan industrial para Galicia e sen atender os servicios básicos, retirando do rural escolas e médicos”.
Neste sentido, puxo como exemplo o que acontece no centro de saúde de Monforte de Lemos. “Agora mesmo acaba de xubilarse o director do centro de saúde, e o que van facer é amortizar a súa praza, e están recomendándolles aos seus pacientes que se vaian a outros médicos para non ter que cubrila. Esta é a realidade da Xunta de Galicia do señor Feijóo”.


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



