Burela, 24 de marzo de 2022. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, mantivo unha xuntanza con alumnado do IES Perdouro na que os rapaces lle pediron a creación dalgún carril bici na localidade e avogaron por un transporte público con máis horarios para poder desprazarse pola comarca a realizar diferentes ciclos formativos. O alumnado aposta polos desprazamentos a pé e en bicicleta en Burela para evitar o emprego do coche e así reducir a contaminación.
O rexedor contou que “tiven a oportunidade de falar con alumnado do IES Perdouro, concretamente de 3º e 4 º da ESO, que fixeron unha petición formal ao Concello, a través dun escrito, de melloras en aspectos medioambientais e sobre todo de mobilidade. Piden concretamente carril bici en diferentes rúas de Burela e tamén solicitan moito máis transporte público, con máis horario, máis cadencia e máis destinos, como debe ser. Ademais propoñen que se hai que desprazarse noutros vehículos que sexa de maneira compartida”.
Para Alfredo Llano “todo isto ten un fundamento claro, que eu penso que é o que hai que destacar: o interese que teñen estes alumnos e en xeral toda a poboación estudantil do IES Perdouro, e espero que tamén a do resto de Burela, con respecto ao medio ambiente. Que se tome conciencia do medio ambiente desta maneira, pensando xa en algo tan concreto como a mobilidade, é algo destacado. Ser consciente do que está ocorrendo co medio ambiente é un valor engadido nestes rapaces porque eu penso que isto é fundamental; e desde logo ter iniciativas e facer propostas”.
O alcalde explicou que “con respecto ao que solicitan, vaise estudar e hai que destacar que, por exemplo, sobre o do transporte público xa estamos traballando niso, xa temos reclamado máis transporte público aquí, na Mariña, con enlaces en diferentes lugares. Iso favorecería o que piden eles, que é poder ir a ciclos formativos que se ofertan en calquera concello desta comarca, desprazándose con todas as garantías e con horarios que deben ser respectados. E tamén sobre o transporte a Santiago e á Coruña é algo que levamos tempo demandando porque agora mesmo está moi mermado, sobre todo as fins de semana. Estamos insistindo en que se volvan recuperar os horarios que había antes”.
Llano seguiu a relatar: “e un que a min me parece moi importante é o transporte por tren e levamos tempo esixindo que haxa un tren de cercanías de Viveiro a Ribadeo e de Ribadeo a Viveiro, para garantir que moitos dos desprazamentos se puideran facer en tren; e desde logo para ser empregado por estudantes, por traballadores e en xeral por todas aquelas persoas que necesiten este transporte público. Agora mesmo estase comprobando a necesidade de volver pensar no transporte público como algo fundamental para poder desprazarse sen necesidade de empregar o coche, dada a carestía dos combustibles”.
As ideas que lle fixo chegar o alumnado de 3º e 4º da ESO do IES Perdouro parécelle interesante a Alfredo Llano: “ou sexa que todo isto que solicitan os alumnos é algo que realmente importa. E nosoutros vamos facer campañas sobre o que piden: de empregar a bicicleta, de ir andando a moitos lugares sen necesidade de utilizar o coche, para non xerar contaminación. Tamén lles ofertei unha instalación que temos con instrumentación para analizar a calidade do aire constantemente e xa se están utilizando eses datos; propúxenlles que vaian ver como funciona, para o que teñen que facer unha petición formal. É algo que queremos que utilicen os colexios e os institutos. E, con respecto a auga, explicámoslles que temos en Burela uns medidores de caudais en varios puntos, que, empregando as novas tecnoloxías, transmiten inmediatamente, en tempo real, se hai algunha fuga. É un método extraordinario que temos en Burela para saber se nun momento dado hai algunha avaría na rede de auga”.
O alcalde engadiu: “tamén lles informei doutras accións que se están levando a cabo desde o Concello de Burela co medio ambiente como referencia, como as plantacións de árbores ou as hortas urbanas. É unha boa iniciativa do alumnado e un sinal de que teñen conciencia sobre o medio ambiente, o que é importante”.
Un total de 170 rapaces asinaron o escrito entregado ao alcalde burelés, Alfredo Llano.























Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



