Lugo, 27 de abril, 2022. A Deputación de Lugo ESIXE AO SINDICATO DE AUXILIARES DE ENFERMERÍA (SAE) QUE RETIRE DE INMEDIATO AS MENTIRAS que verteu de novo este mércores nunha nota de prensa sobre o Centro de Atención a Maiores da institución provincial en Trabada.
– A DEPUTACIÓN TEN PROBAS DA FALSIDADE DAS ACUSACIÓNS QUE FAI A ORGANIZACIÓN. Por unha banda, este centro, como todos os da rede provincial, recibe inspeccións frecuentes da Xunta de Galicia, tanto da Consellería de Política Social, como da Consellería de Sanidade, e ningunha das actas recolle ningunha das afirmacións que se realizan no escrito. Por outra banda, froito da política de total transparencia que aplica a Deputación e por tratarse dun centro aberto, a residencia de Trabada recibe ás familias e demais persoas da rede de apoio dos residentes, así como ao persoal sanitario do Centro de Saúde de Trabada ou ao persoal do 061, entre outros. Desta forma, todas estas persoas poden comprobar e comproban o estado das persoas residentes e das instalacións do centro, e en ningún momento manifestaron o sinalado no escrito do SAE. Ademais, moitas das persoas usuarias teñen a capacidade cognitiva preservada e, por tanto, a capacidade de demandar ou denunciar o que esta organización afirma, algo que non fixeron en ningún momento.
– O CAM DE TRABADA ESTÁ POR RIBA DOS RATIOS DE PERSOAL ESTABLECIDOS POLA XUNTA. Na actualidade, o Centro de Atención a Maiores de Trabada conta cun 40% máis de ratio de traballadores que o establecido pola normativa autonómica. Así mesmo, nunca houbo unha soa limpadora no Centro e se deixaron sen limpar as instalacións, senón que, agás algún día que, por forza maior, estivera só unha na quenda, o Centro conta con servizo de limpeza de 1,5 traballadoras na quenda de mañá e de 1 na quenda de tarde, algo que instamos ao SAE a comprobar se ocorre no resto de residencias con capacidade para 29 prazas, xa que, na gran maioría, carecen deste persoal, sendo o persoal xerocultor o que asume estas funcións. Existen rexistros oficiais nos que pode comprobalo.
– OS CAMBIOS DE CUADRANTES PRODÚCENSE, DE MANEIRA PUNTUAL, POLAS NECESIDADES MARCADAS POLA COVID. A residencia de Trabada rexistrou un gromo de Covid, o primeiro dende o inicio da pandemia fai máis de dous anos, polo que é necesario facer cambios de cuadrantes e axustar os cupos de traballo ou illamentos, o que implica que nestes días algúns almorzos se están a realizar máis tarde do normal, pero nunca a media mañá como di o SAE. No período de transición entre a anterior adxudicataria de determinadas prestacións e a actual, existiron cambios de quendas derivados, tanto das baixas por mor da Covid-19, como por falta de persoal, sendo situacións puntuais e non previsibles.
– A ENTIDADE ENTRANTE GARANTIU OS DEREITOS DE TODO O PERSOAL, COMO ASÍ CONSTA ACREDITADO, INCLUÍDAS AS QUENDAS DE VACACIÓNS XA ELIXIDAS COA ANTERIOR ENTIDADE. Aproveitando o cambio de entidade e tendo en conta que o centro ofrece unha atención centrada nas persoas, decidiuse axustar certos cupo de traballo do persoal xerocultor, o que, loxicamente, derivou na modificación dos cuadrantes, que, en todo caso, foron negociados coas propias traballadoras co obxectivo, non só de cumprir co convenio de aplicación, senón tamén de adaptarse ás preferencias destas na medida do posible. A entidade que contrata ao persoal auxiliar é responsable e autónoma para decidir sobre os seus recursos humanos e ten dereito a súa auto organización, dentro da legalidade vixente. Á Deputación de Lugo non lle consta que exista ningún despido nulo, falta de pagamento de salarios ou seguridade social da actual empresa que está a realizar as prestacións.





















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



