Foz, 18 de abril, 2022. Este sábado, 23 de abril, a Delegación de Xuventude de Foz, coa colaboración da Academia Galega do Audiovisual e a Área de Cultura da Deputación de Lugo, proxecta A virxe roxa, documental gañador dos Premios Mestre Mateo.
A virxe roxa fainos viaxar a xuño de 1933, cando un suceso conmociona á España da época: Aurora Rodríguez Carballeira acaba coa vida da súa propia filla de 18 anos de 4 disparos. Non se trataba dunha moza calquera. Hildegart Rodríguez era unha nena prodixio da política, unha precoz intelectual e pioneira do feminismo en España.
A súa historia vai máis aló do que se coñece pola súa imaxe pública. Ademais dun prodixio, Hildegart Rodríguez era un produto, unha creación, un proxecto que tiña como finalidade traer ao mundo á muller do futuro.
O mito de Frankestein faise realidade nunha España ás portas da guerra civil.
Este filme ademais de gañar o premio ao mellor documental nos XX Premios Mestre Mateo, tamén foi finalista na categoría de mellor montaxe, e resultou premiado en festivais internacionais como DOCA ou Blackboard.
A concelleira de Xuventude, Gema Méndez Leivas, anima a todas as persoas a reservar xa a súa entrada para esta segunda proxección do Ciclo Mestre Mateo, a través do correo electrónico xuventude@concellodefoz.es ou do teléfono 982133037. Tamén poden enviar mensaxe directo a través das redes sociais do Concello: Facebook, Twitter e Instagram.
O sábado 23 de abril, ás 18:30h, na Casa da Cultura, sesión do mellor cine galego, con A virxe roxa.





















A clínica focense comprométese coa entidade laranxa e segue garantizándonos o bo estado de saúde dos nosos dous planteis.
Na reunión tratáronse as principais necesidades do municipio e exploráronse posibles vías de colaboración desde a Xunta para levar a cabo iniciativas conxuntas, no marco do compromiso do Goberno galego co eido local.
Xunto aos asistentes estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, que lles agradeceron que escolleran a vila ribadense para a celebración deste encontro.
Á tarde foi a sesión regato nas Escolas vellas de Cervo da man de Caxoto coa colaboración de Tarabela Creativa e Airiños do Xunco. Pola noite foi a quenda da sesión Río para público adulto no local Social da asociación de veciños do Burgo de Trasbar da man de Dani Blanco.
Félix Jorquera entrevistou ao alcalde, Fran Cajoto; ao concelleiro de Relacións Institucionais, Comunicación e Coordinación de Axenda 2030, Carlos García; os presidentes do CB Celtas de Foz e do CD Foz, Carmen Alonso e Asier Burundarena; e á dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo un balance do verán, que está a piques de rematar, e que foi moi positivo para Foz, segundo subliñaron os participantes, analizou os proxectos para os vindeiros meses e pulsou o deporte local.
Convida a retomar unha vida activa tras o verán facilitando a inscrición con matrícula gratuíta e, para os máis indecisos unha proba de 3 días gratis para coñecer o centro deportivo e os seus servizos.
Unha selección de obras cheas de cor, creatividade e expresividade de Xosé López Losada "Xolo". Unha viaxe artística a través de máis de 70 cadros, onde cada peza conta a súa propia historia. Poderá visitarse ata o 30 de setembro.



