Ribadeo, 27 de abril de 2022. Hoxe foi presentado o cartel da décimo quinta edición do Ribadeo de Tapeo, o concurso gastronómico que se desenvolverá do 14 ao 22 de maio en máis de 30 locais hostaleiros. Haberá sobremesas culturais, soños gastronómicos, Letras no Campo ou O Renacer do Cantil, entre outras actividades. O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, subliñou que unha das novidades será a fase previa voluntaria de asesoramento para os locais que o desexen a cargo do chef Daniel López, do restaurante O Camiño do Inglés e membro do coñecido Grupo Nove.
O edil ribadense manifestou que “un ano máis o Concello de Ribadeo organiza o Ribadeo de Tapeo, que xa vai pola súa décimo quinta edición e que terá lugar entre o 14 ao 22 de maio. Este concurso, decano dos fogóns da gastronomía de Galicia, é un dos nosos mellores escaparates gastronómicos. Nesta ocasión máis dunha trintena establecementos hostaleiros do municipio ofrecerán as súas exquisitas e innovadoras tapas elaboradas cos mellores produtos galegos”.
Vizoso Galdo dixo que “estamos diante dunha nova entrega gastronómica, renovada e reinventada, cargada de novidades e disposta a sorprender e ilusionar a todas aquelas persoas que senten paixón pola gastronomía”.
Dúas son as novidades do XV Ribadeo de Tapeo: “este ano contaremos cunha novidade que consiste nunha fase previa e que ten entre os seus obxectivos incentivar a cultura gastronómica e fomentar a calidade da oferta. Con este fin contaremos co chef Daniel López, do restaurante O Camiño Do Inglés e membro do prestixioso Grupo Nove, que asesorará aos establecementos que voluntariamente participan nesta fase. E outro dos cambios é o prezo da tapa, este ano será de 2 euros por cada petisco e establecémolo así para incentivar a calidade e a creatividade das propostas culinarias”.
O concelleiro de Turismo seguiu a relatar que “tamén un ano máis entorno a unha ducia de locais contarán con tapas aptas para celíacos e deste xeito colaboramos coa Asociación de Celíacos de Galicia para asesorar aos establecementos interesados no manexo, nas recomendacións e na correcta elaboración da tapa sen glute. E como sempre e sen perder de vista o noso obxectivo en materia turística, que é a desestacionalización, queremos converter esta cita culinaria nunha ocasión ideal para coñecer Ribadeo e por iso seguimos coa proposta de Soños Gastronómicos, pola que algúns dos nosos establecementos hostaleiros ofrecerán descontos e condicións especiais para poder gozar dunha perfecta escapada gastronómica en Ribadeo”.
Pablo Vizoso engadiu: “do mesmo xeito, en colaboración coa Concellaría de Cultura, poderemos desfrutar das nosas Sobremesas Culturais, que veñen cargadiñas de actividades repartidas polos diferentes recunchos da vila. Ademais mentres dure o Ribadeo de Tapeo poderemos gozar coas Letras no Campo e O Renacer do Cantil, que nos traen propostas marabillosas. Como en edicións anteriores, a celebración do concurso darase a coñecer nos medios de comunicación con campañas publicitarias e informativas, carteis e folletos, a través da web http://turismo.ribadeo.gal/tapeo e da aplicación móbil Ribadeo Gastronómico ou Ribadeo de Tapeo. E a maiores este concurso estará integrado noutra aplicación que recolle os principais concursos gastronómicos de Galicia e que se denomina Quedamos de Tapas”.
O edil nacionalista tivo palabras de agradecemento para a hostalería local: “quero aproveitar para agradecer ao conxunto da hostalería de Ribadeo a súa participación neste concurso, porque sen eles sería imposible facer este evento. E por suposto os agasallos que doaron para os premios, que se repartirán entre o publico premiado. Animo a todo o mundo a desfrutar desta viaxe gastronómica para vivir unha experiencia completa, que nos sirva para fundirnos na gastronomía local e recoñecela como parte do noso patrimonio cultural”.




















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



