Burela, 25 de abril, 2022. A Fundación Expomar organiza este xoves 28 de abril as Xornadas de Nutrición e Saúde Mental “Mens Sana in Corpore Sano”, que terán lugar na Casa da Cultura de Burela a partir das 18:30h.
A xornada consistirá nunha charla informativa sobre nutrición e unha mesa redonda sobre “A Saúde Mental na Mariña Lucense”, que estará moderada polo nefrólogo do Hospital da Mariña Secundino Cigarrán e na que participarán representantes das principais asociacións da contorna, como a Asociación Saúde Mental A Mariña, a Fundación Eu Son ou a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Enfermidades Neurodexenerativas de Burela.
María José Novoa, directora técnica xerente de “A Mariña Saúde Mental”, defende que «a sociedade ten que ser máis consciente da importancia de coidar a saúde mental e para iso debemos poñer o foco tamén nunha alimentación saudable. Nos nosos centros facémolo a través dos programas de educación para a saúde, como “Coidando de min” ou “Velando pola miña saúde integral”, motivando o consumo de produtos saudables e do noso mar».
Gema Fernández Rey, psicóloga “AFAN Burela”, indica que «a prevención das demencias comeza por manter uns hábitos de vida saudables ao longo de todo o ciclo vital. Por iso, desde AFAN Burela temos como obxectivo a curto prazo implantar programas especializados de prevención e detección precoz destas doenzas dentro do noso ámbito de actuación, para o que precisamos que as entidades locais da Mariña central e oriental nos brinden a súa colaboración»
Pola súa parte, Noelia Eijo Quelle, directora da “Fundación Eu Son”, asegura que «cando a mellora do benestar persoal está nos nosos hábitos e costumes, a prevención depende de nós».
Previamente a xornada comezará ás 18:30h coa intervención da directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, Mercedes Rodríguez Moreda, e do presidente da Fundación Expomar e alcalde de Burela, Alfredo Llano.
Antes da mesa redonda celebrarase a conferencia “Como alimentar o noso cerebro para mantelo xove” a cargo do doutor Miquel Aguilar Barberá, neurólogo de Àptima Hospital Universiatio Mutua de Terrasa.
O acceso será libre e desde a Fundación Expomar anímase a tódolos veciños da Mariña que asistan a unhas xornadas nas que se tratarán temas moi importantes para axudarnos a levar unha vida saudable.
O presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, destaca que “con esta actividade pretendemos promocionar o sector pesqueiro a través do consumo de peixe, e de paso fomentar unha alimentación máis saudable e poñer en valor o traballo das distintas asociacións que traballan no mundo da saúde mental aquí na Mariña”.
As Xornadas de Nutrición & Saúde Mental “Mens Sana in Corpore Sano” están promovidas pola Fundación EXPOMAR e financiadas polo GALP A Mariña Ortegal, contando tamén coa colaboración do Concello de Burela e das asociacións Saúde Mental A Mariña, AFAN Burela e Fundación Eu Son.






















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.

