Vilalba, 3 de abril de 2022. O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, presentou hoxe aos socialistas galegos como alternativa de goberno a unha Xunta “ausente, máis preocupada pola sucesión de Feijóo que polos problemas reais do país” precisamente nun “momento crítico para Galicia”. Así o dixo na súa visita á Feira do Queixo San Simón da Costa, hoxe en Vilalba.
Formoso sinalou que os socialistas galegos queren “liderar a posibilidade de cambio de goberno” demostrando que hai “outra forma de gobernar”. Salientou que o PSdeG “non é o partido das pancartas, nin o partido do NON, nin o da preocupación pola sucesión do seu líder”.
Aludiu aos socialistas galegos como un partido con equipo, proxecto e ampla experiencia de xestión que a cidadanía coñece e valora, unha alternativa que ofrece estabilidade, rigor e seriedade e sentido de país por parte dun partido activo, renovado e preparado para gobernar.
Presentou un “partido afianzado nas institución”, que demostra unha alternativa “de goberno”, como demostra a xestión nos concellos de Santiago, Ferrol, Vigo, Lugo ou A Coruña, así como en Vilalba, un “lugar simbólico” que apostou polo cambio logo de 30 anos de goberno do PP e que demostra o que o PSdeG “pode facer dende as institucións”.
Contrapuxo a ausencia do PP e do goberno galego coa iniciativa socialista para “lanzar un decálogo básico” de medidas para que “a cidadanía galega poida entender cales son as nosas prioridades”. Unha delas, resumiu, “é o apoio ao papel estratéxico do sector agroalimentario, que supón o 2 por cento do PIB de Galicia, e que produce máis da metade do leite de todo o Estado”.
Así o dixo dende Vilalba, conde acompañou á alcaldesa, a socialista Elba Veleiro, e cargos públicos e orgánicos do PSdeG de Lugo, na Feira do Queixo San Simón da Costa para “manifestar o apoio do PSdeG e a lectura que fai do sector leiteiro e de toda a cadea agroalimentaria do país como un sector estratéxico”.






















O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



