Viveiro, 13 de abril, 2022. Míriam Bermúdez, concelleira do BNG de Viveiro, esixiu en pleno o adecentamento da rúa Grande de Celeiro, chea de fochancas e desperfectos especialmente desde o número 93 até a igrexa, e preguntou ao actual goberno para cando tiñan pensado realizar as obras mínimas de mantemento nesta estrada municipal, que xa van con retraso. Tamén incidiu Míriam Bermúdez en que informasen acerca do estado actual dos trámites para a rehabilitación da zona dos Espiñeiros, que xa estaba en proceso cando preguntáramos en outubro de 2019, e cando tiñan previsto comezar a execución das obras.
Tras a intervención de Míriam Bermúdez coas preguntas, o concelleiro de obras Jesús Fernández Cal dispúxose a ler un escrito informando de certas actuacións, algunhas de hai varios anos, con información incompleta e sen aportar o máis relevante como as datas para a execución das obras ou os pasos restantes que quedarían para, por fin, amañar estas estradas.
Ante tan pouca concreción, Míriam Bermúdez voltou preguntar ao concelleiro de obras se na rúa Grande ían agardar ou amañar no inmediato as fochancas, e na zona dos Espiñeiros, que é o que procede para realizar un asfaltado en condicións. Jesús Fdez Cal para contestar a estas simples preguntas as que ten deber como cargo público que sostenta, non dubidou en sumarse ás actuacións anteriores de María Loureiro e faltar ao respecto a Míriam Bermúdez, chamandolle “lista” en ton despectivo e poñendo en boca dela palabras que non dixo, alporizándose, xesticulando cos brazos e outras actitudes ameazantes.
Todo un espectáculo para o final definir como “complicadísimo” arranxar as fochandas na rúa Grande e tirar balóns fóra, botando a culpa a unhas obras que se realizaron hai máis de 3 anos e incluso a decisións dos técnicos, pois como sempre neste Concello, as cousas que saen adiante son grazas ao Goberno Municipal e cando se atrasan ou se torcen é culpa dos empregados municipais e/ou outras administracións.
Para Míriam Bermúdez “estas faltas de respecto son inadmisibles e non se poden utilizar para evitar responder e proporcionar a información que solicita a veciñanza, menos aínda cando se ocupa un cargo público.” Desde o BNG denunciamos as continuas faltas de respecto, cunha alcaldesa que tamén participa e suma actitudes irrespectuosas nunha sesión plenaria na que se dedicou a quitar, constantemente, quendas de palabra en momentos de réplica ás que tiña dereito a concelleira do BNG, Míriam Bermúdez.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



