Cervo, 18 de abril de 2022. O Concello de Cervo pretende mellorar e acondicionar o camiño rural que vai desde Rego de Outeiro ata a Carcova, na parroquia de Rúa.
O alcalde, Alfonso Villares, a tenente alcalde, Dolores García Caramés, e a delegada de Obras e Infraestruturas, Mali Méndez, achegáronse ata a zona onde se proxecta a actuación xunto co pedáneo desta parroquia para informar dos seguintes pasos que se van a dar.
O proxecto contempla a reparación da capa de rodadura do camiño coa fin de facilitar a accesibilidade ás parcelas establecidas nesa zona. Realizarase – tamén – a apertura de cunetas para favorecer a drenaxe e a evacuación das augas pluviais do camiño, farase unha limpeza manual dos caños existentes e, por último, executaranse uns pasos de salva para dar acceso ás parcelas ás que da acceso o camiño.
O orzamento desta execución elévase ata os 47.742 euros, que correrán a cargo do remanente das arcas municipais.
Apunta o alcalde, Alfonso Villares que “esta actuación vai mellorar a a accesibilidade no camiño rural que vai desde Rego de Outeiro ata a Carcova, favorecendo o paso para os veciños e veciñas ás parcelas situadas na súa contorna”.
“Con esta obra incrementamos as infraestruturas básicas nesta zona, mellorando as dotacións públicas nesta zona rural do noso municipio” engadiu o rexedor.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



