Ribadeo, 18 de abril 2022. O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular de Ribadeo, Daniel Vega, denuncia que “a falta de planificación e de traballo do goberno do BNG viuse esta Semana Santa, con rúas sucias e grandes atascos nas Catedrais por non ter solventado o tema do aparcadoiro”.
“Todos vimos que moita xente nos visitou estes días e se en algo coincidían é no sucio que estaba Ribadeo”. Ben é certo, indica, que este asunto non é algo novidoso, pois dende a formación popular levan incidindo nel dende que se iniciou a lexislatura actual. “O que puideron apreciar os visitantes foron contedores cheos de lixo, rúas nas que non se practica o baldeo ou áreas recreativas sen mantemento. Non houbo traballo porque non houbo dedicación”. Por tanto, destaca Vega, “o que temos é un goberno que só está a cumprir o expediente e non centrado en trasladar unha boa imaxe do noso pobo. Resulta inadmisible que aquelas persoas que viñeron por primeira vez, o que visen foron os contedores repletos e, nos puntos onde se concentraba a maior actividade, o lixo desbordaba”, insiste.
Atascos nas Catedrais
Para Daniel Vega proba de que “non hai un cariño por Ribadeo” é o que aconteceu tamén noutro dos reclamos turísticos máis destacados da vila e da Mariña, a praia das Catedrais. Neste lugar, advirte o popular, o que houbo foron “atascos inmensos”, debido á falta de aparcadoiros polo conflito existente entre o Concello e os propietarios, “a quen os do BNG lles queren expropiar as fincas a modo de regalo”, critica o popular.
Esta situación, di, foi a que provocou que moitos turistas se fosen para Barreiros, Foz e outros concellos da contorna. “Isto evidencia unha gran falta de programación turística e dunha falta de vontade dun goberno para facer atractivo o municipio e, por tanto, para que o turismo repercuta en beneficio da vila”, conclúe Vega.























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.

