Lugo, 23 de abril de 2022. O PSdeG esixe que se garantan os servizos sanitarios na provincia de Lugo. O Grupo Socialista na Deputación de Lugo avanza que defenderá o vindeiro martes, a través dunha moción no Pleno da Corporación, que se formalice de xeito inmediato as contratacións previstas nos cadros de persoal médico e de enfermería dos PAC, Centros de Saúde e Hospitais da provincia de Lugo.
Nesta proposta, tamén solicitan unha política de persoal racional, que cubra as baixas por enfermidade, xubilación ou vacacións e que se garanta o mantemento das especialidades existentes. E que se actualice, mellore e dignifique as condicións laborais dos profesionais da sanidade pública, e que se adopten medidas para incentivar a formación e contratación de expertos en pediatría, convocando todas as prazas de MIR pediátrico e de familia que teña adxudicadas, así como o resto de especialidades.
“Ó longo dos últimos meses comprobamos o deterioro da sanidade pública na provincia de Lugo. Unha situación derivada da política de persoal do Sergas, baseada nos recortes, no peche de servizos, en non cubrir as baixas ou as xubilacións e en impoñer cupos de traballo abusivos ou imposibles”, denuncian os socialistas.
“A Deputación de Lugo quere deixar constancia do esforzo e da profesionalidade dos profesionais da sanidade pública galega. E como firmes defensores da mesma, consideramos que é urxente adoptar medidas que garantan a prestación e o acceso ós servizos sanitarios na provincia de Lugo, a atención adecuada ós doentes e o benestar laboral do persoal sanitario”, recalcan dende o PSdeG.
Carencias sanitarias no servizo de Paliativos
Os socialistas advirten das carencias sanitarias no servizo de Paliativos e de Hospitalización a Domicilio do Hospital da Mariña “que foi recoñecida mesmo polo PP, que votou a favor de cubrir dun xeito urxente as baixas dun cadro de persoal que xa de inicio resultaba insuficiente”. Sinalan que “por mor do desleixo da Xunta, 10 dos 14 concellos da Mariña estiveron durante 6 meses sen servizo presencial destas especialidades médicas”. E lembran que “moitos destes enfermos, con patoloxías crónicas ou en situación terminal, foron derivados a centros de saúde como o de Viveiro, que xa estaban a sufrir situacións de contar cun só médico para 16.000 veciños e veciñas”.
Vilalba, Baralla e Xermade
Algo que están tamén a reclamar os veciños e veciñas de Vilalba, que ven como seguen sen contratar 3 dos 11 médicos previstos para o PAC e o Centro de Saúde.
Situación semellante dáse en Baralla, onde non se teñen contratado os 3 médicos previstos e onde o centro de saúde funciona cun único médico, xa que non se cobren nin baixas por enfermidade nin vacacións. E tamén en Xermade, cun centro que debería de contar con 3 médicos de medicina familiar e comunitaria e que conta agora cun único profesional variable.
Déficit endémico de atención pediátrica na provincia
Por non falar do déficit endémico de atención pediátrica na provincia, con exemplos claros en Foz ou Monterroso, entre outros, unha situación agravada pola decisión da Xunta de renunciar a convocar 151 prazas de MIR para facultativos de medicina de familia dende 2009, e a pesares do impulso que o actual goberno do Estado deu á formación MIR batindo récord de número de prazas en cada convocatoria de maneira sucesiva nos últimos 4 anos.
Centros pechados en Castro, Parga e Castro de Rei
E sen esquecer que día de hoxe o PP pechou os centros de saúde de Castro, en Carballedo, o de Parga, en Guitiriz, (só esta dispoñible o servicio de enfermería), e o de Castro de Rei, como xa denunciamos no Parlamento de Galicia con diversas iniciativas.

















Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



