Ribadeo, 23 de abril de 2022. O Concello de Ribadeo apostará nas fins de semana de maio e xuño polo turismo tranquilo e consciente, buscando a desestacionalización e a captación de novos segmentos de visitantes. Farao co programa de actividades O Renacer do Cantil, que inclúe prácticas de tai chi, baños de cores, obradoiros, xeorutas ou arte na natureza para os máis pequenos. Esta nova iniciativa, que se desenvolverá en escenarios naturais da costa ribadense, foi presentada polos concelleiros de Turismo e Medio Ambiente, Pablo Vizoso e Jorge Díaz, e polo alcalde, Fernando Suárez.
Vizoso Galdo dixo que “a Área de Turismo do Concello de Ribadeo pon en marcha nas fins de semana de maio e de xuño o programa de actividades O Renacer do Cantil, unha aposta polo turismo tranquilo e consciente, a favor da desestacionalización do destino de Ribadeo e á captación de novos segmentos de turistas e visitantes”.
O concelleiro de Turismo subliñou que “se trata de propostas innovadoras e beneficiosas para o benestar físico e emocional que van celebrarse en diferentes escenarios naturais do noso entorno costeiro, poñendo en valor a biodiversidade e a beleza que garda unha das costas máis auténticas de Galicia”.
O edil ribadense explicou que “este programa de actividades comezará o 7 de maio cunha actuación poética a cargo do recoñecido guía e actor Suso Martínez, para continuar abordando nas vindeiras fins de semana: prácticas de tai chi, baños de cores, obradoiros de coiro e, por suposto, xeorutas, paseos cos cinco sentidos pola nosa costa, arte na natureza para os máis pequenos, teatro, música e tamén festa. Son propostas para o benestar persoal e para celebrar un novo renacer da natureza”.
Pablo Vizoso engadiu que “a programación de cada unha destas actividades será publicada na web de Turismo de Ribadeo (http://turismo.ribadeo.gal), a participación será gratuíta e nalgúns casos vaise ver limitada a grupos de vinte persoas. Para inscribirse e participar nestas actividades débense cubrir os formularios que están a disposición dos interesados na páxina web turismo.ribadeo.gal”.























Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



