Anda estes días en Ribadeo unha polémica sobre cartos dados, cartos recibidos e impostos debidos. En resume, o concello puxo cartos para subvencionar as compras no comercio local, e agora, época da declaración da renda, os beneficiarios intermedios (consumidores) teñen que declaralos como ingresos. As Panchas, uns vales locais cualificados de ‘moeda local’ (calquera que teña visto ‘Das Wunder von Wörgl’ pode ver a diferenza cunha moeda local) foron apoiados polo concello de xeito que se ti ‘comprabas’ 30 € de panchas, dábanche 40 € para mercar. Resultado, ‘ingresabas’ 10 € do orzamento do concello.
Anos anteriores, as Panchas, editadas en menor cantidade, parece que non tiveron problema fiscal, pero este ano o concello, pode que en parte polo sistema empregado, tivo que pasar unha relación ó Ministerio de Facenda, quen computou eses ingresos a quen recibiu as panchas. O resultado, a ollos da facenda, está claro: recibiches máis ingresos, pagas máis.
As cantidades recibidas por cada persoa, son minúsculas en relación ós ingresos totais do ano. Minúsculas, pero non nulas. E saltou a noticia e os reproches. A máxima cantidade de subvención recibida por adulto intermediario consumista terían sido 70 €, pois houbo unha limitación da cantidade máxima a adquirir. 70 €, a un tipo marxinal de IRPF de 30% dá como resultado 21 € máis a pagar na declaración da renda. Unha cantidade aproximada do que tería que pagar, como máximo, cada persoa. Se a declaración se fai por gananciais, a cantidade pode ser dobre. E, se quen mercou as panchas é alguén que non tiña obriga de declarar por non chegar ó mínimo, agora pasa a ter que facelo ó diversificar as fontes de ingreso. Isto último, algo que pode ser beneficioso, pois pode que ó obrigar a declarar por baixo do mínimo, resulte algunha cantidade a devolver.
En calquera caso, a quen colleu desprevido o ter que declarar esa cantidade recibida, coido que agora estará reflexionando varias cousas sobre os impostos. Por exemplo:
– Son cos impostos dos ribadenses cos que se paga esa subvención do concello ó comercio. Algo así como unha transferencia dos teus cartos, a través do concello (e, ó mellor, de ti mesmo) ós comerciantes.
– Se ti recibes cartos dunha entidade pública, non te podes escapar de declaralos como ingresos. Cousa ben diferente é que eses cartos sexan legais ou non, que as novas sobre corrupción están á orde do día.
– Cando manexes cartos subvencionados, pensa de onde veñen: os impostos teñen mala fama, pero son a base que mantén a educación ou a sanidade públicas, a máis dos chiringuitos.
– Como pagas impostos, procura que sexan distribuídos e aproveitados e non asaltados e desperdiciados, vixía a política e implícate para que as cousas vaian ben.
– Non pidas á administración o que en xustiza non lle das, o mesmo que pretendes que non che pida o que en xustiza non debe pedirche.
En fin, nunca tiven claro o tema das panchas nin a nivel teórico nin no de ‘éxito’ edición tras edición (aínda que nesta quedaran panchas por solicitar). Pero, aínda coas sorpresas de ter que declaralas cando non se esperaba (xa sabemos que todos podemos vivir nas nubes cando nos convén), coido que esta edición puido servir para reflexionar e aprender un pouco de economía…


















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



