A presunta autora supostamente tras acceder ás caixas de correos, substraiu do interior dun deles as chaves dunha vivenda, á que supostamente accedeu, levándose varios enseres. Así mesmo a presunta autora realizou danos diversos a vehículos estacionados no garaxe do mesmo edificio e nunha das terrazas do inmoble, onde supostamente provocou un incendio. A persoa investigada foi posta a disposición xudicial.
![A Garda Civil imputa en calidade de investigada a unha focense, de 59 anos de idade, como suposta autora dun delito de roubo e de danos sufridos nas caixas de correos dun edificio de Foz](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2022/05/102840889_3035108323238968_6970305134127506574_n-1.jpg)