Candia avisou fronte aos que “cada día intentan despistarnos con debates estériles para evitar que xestionemos o que realmente importante á xente”
Lugo, 22 de maio de 2022. “Agradecemento e compromiso” foron as dúas verbas sobre as que xirou a intervención da presidenta provincial dos populares lucenses, Elena Candia, na clausura do XVIII congreso do PP de Galicia, de cuxo comité organizador é presidenta. Candia destacou que hoxe, no congreso en Pontevedra, “escribimos unha nova páxina na historia brillante do PP de Galicia, con Alfonso Rueda á cabeza e con todos nós axudando e apoiando”. Mostrouse convencida de que “hoxe poñemos os cimentos sólidos para tres retos: recuperar alcaldías e recuperar deputacións, contribuír a que Alberto Núñez Feijóo sexa o presidente do Goberno de España, porque España necesítao e para apuntalar a quinta maioría absoluta como Galicia merece”.
Con respecto á verba “agradecemento”, Candia destacou: “Agradecemento ao noso presidente Feijóo, un presidente que falou facendo, que levou á xestión pública os valores que aprendemos no noso rural: dicir a verdade á xente e non gastar máis do que se ten”. E tamén agradecemento a Alfonso Rueda, “que asume hoxe un reto e responsabilidade compartida con todos nós; sabemos que o vai facer ben”.
De compromiso, a presidenta dos populares lucenses, sinalou: “Compromiso e lealdade contigo Alfonso, porque non sentimos identificados contigo. Pasaches da sala de máquinas á ponte de mando. A túa lealdade durante todos estes anos é incuestionable, os éxitos que tivo o PP de Galicia tamén tiñan o teu nome como secretario xeral. Agora seguiremos construíndo ese partido ganador que ten por diante tres citas importantísimas”. Candia afirmou que o PP de Lugo non fallou nunca e non fallará nas tres próximas grandes citadas electorais.
Elena Candia dixo do novo presidente do PP de Galicia: “Alfonso teno todo para ser un bo presidente. Ten experiencia, contrastada, nun momento no que vemos como cada día intentan despistarnos con debates estériles para evitar que xestionemos o que realmente importante á xente”. Destacou que “Alfonso coñece os concellos, que son peza fundamental no noso país; os nosos alcaldes e os nosos voceiros son todo; son as voces que representan as necesidades do territorio. Alfonso sabe escoitalos e soubo apoialos durante a súa etapa de xestión e seguirao facendo”. De Rueda, Candia dixo tamén que é “o gran abandeirado do Camiño de Santiago”.
A presidenta dos populares lucenses sinalou que “somos grandes porque vos temos a vos, aos militantes; este partido non é nada sen cada militante, sen cada simpatizante, sen as persoas que colocan os carteis nas campañas, que ensobran as papeletas, que fan as chamadas para cada acto, que son capaces e resilientes”.


















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



