Ribadeo, 5 de maio de 2022. O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, visitou hoxe Ribadeo. Pasou polo Concello, onde asinou no libro de honra, achegouse ao Ceip Gregorio Sanz a supervisar as obras de rehabilitación do inmoble e pasou tamén polo obradoiro de emprego Ribadeo prepara o teu Camiño, que se está a desenvolver na localidade. Xunto a el estiveron o alcalde, Fernando Suárez, así como concelleiros e concelleiras da Corporación Municipal ribadense.
O rexedor dixo que “hoxe é un bo día porque temos a unha das máximas representacións do Estado, o delegado do Goberno en Galicia, aquí, en Ribadeo, con estas actuacións que me parecen moi importantes sempre, como é a cortesía e a deferencia institucional de vir aquí, ao territorio, a escoitar e a falar: a escoitar as nosas reivindicacións, moitas delas históricas, doutros gobernos, que están non caixón desde hai moitos anos e que esperemos que se lles dea un impulso positivo. E tamén a recoñecer e a valorar o que se está facendo, por exemplo neste centro educativo, onde con fondos europeos e a través do Estado, que os transmite á comunidade autónoma para que esta os poida investir aquí, neste concello; é dicir, a coordinación de todos para o ben dos veciños e das veciñas, que é do que se trata”.
Suárez Barcia subliñou que “con este exemplo oxalá poidamos seguir facendo moitas máis cousas por Ribadeo. E ademais vexo que moitos dos asuntos que estamos tratando nestes días é coa coordinación xa non só co Concello de Ribadeo senón dos concellos da comarca co Estado, como para a senda verde do tren mineiro, e tamén dos concellos coa Xunta, para sacar dunha vez esa tubaxe de auga que tanto nos preocupa e que nos afecta a dous concellos e que é necesaria a aposta decisiva, sen dúbida, da Xunta de Galicia para podela sacar de aí e que precisamente o Estado poida converter esa vía verde nunha das máis bonitas e importantes a nivel estatal, que poida traer turismo dunha maneira desestacionalizada ao longo de todo o ano”.
E engadiu que “con estes exemplos educativos e formativos, como vamos ver agora nun obradoiro dual, ao que tamén lle aporta diñeiro o Goberno do Estado á comunidade autónoma para que nos axude aos concellos, con estas iniciativas dá gusto gobernar e intentar ser eficaz e eficiente”.






















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



