Santiago de Compostela, 5 de maio, 2022. A través dunha pregunta parlamentaria ao goberno, a portavoz de Sanidade hospitalaria do BNG, Iría Carreira afirmou que o Partido popular coloca á sanidade pública nunha situación “dramática” e ao borde do precipicio no que atinxe ás listas de espera.
Na súa intervención explicou que os datos sobre as listas de espera, a finais do segundo trimestre de 2021, era de 262 persoas con máis de 12 meses de espera por unha intervención cirúrxica e 1.937 entre seis a doce meses, en total 40.316 pacientes agardando por unha cirurxía. A finais de decembro de 2021, os datos xa reflectían 43.194 pacientes agardando por unha intervención cirúrxica, 3.455 con máis de 6 meses de espera. A media pasou de 54.5 días en decembro de 2019 a 77 días en decembro de 2021. “O número de pacientes que esperan máis de 6 meses multiplicouse por 10 en dous anos”. Neste liña preguntou cantos pacientes se derivaron á sanidade privada nos últimos anos e con que gasto.
Tras a intervención do Director xeral de Atención Sanitaria, Jorge Boal, a nacionalista acusou ao membro do goberno de “retorcer os datos” e practicar “unha política de ocultación”. Os datos do propio SERGAS do 30 de xuño de 2021, na área sanitaria de Santiago Barbanza, no servicio de uroloxía, afirmou, non teñen ningún paciente rexistrado no apartado de máis de 12 meses sen embargo, temos o exemplo dun paciente en lista de agarda con 596 días. A existencia deste caso é como para poñer en dúbida os datos que o SERGAS fai públicos, aseverou.
A xuízo da deputada, o goberno utiliza os datos segundo a súa conveniencia, porque se os datos non son positivos “non se publican”. Vostedes recalcou a nacionalista, “seguen negando a realidade” e para que as pacientes “non se indignen” cando teñen unha consulta para un especialista hospitalario no ano 2023 non se lles ofrece ningunha data pero deben permanecer pendentes dunha chamada por se hai un oco.
Concretamente na Xerencia de Compostela, o habitual e que as citas “aparezan rexistradas en buzón para asignar unha data” e desta maneira “tamén aforran as protestas dos pacientes”.
Por outro lado, engadiu, existen pacientes dados de alta no hospital que marchan se terlle asignado unha cita para consulta, “unha vulneración dos dereitos do paciente que deben ser informados e informadas das súas próximas citas para ser atendidas”.
“O retoque e a maquillaxe é algo que a este goberno lles gusta moito” pero xa non lles chega a “chapa e pintura” para disimular o “desastre” da sanidade pública. O propio conselleiro de Sanidade e Núñez Feixóo non tiveron máis opción que recoñecer “o colapso de Atención primaria” e hai unhas semana o Xerente do SERGAS “admitiu que até o ano 2023 non se recupera a lista de espera con datos de prepandemia”.
Dende o ano 2013 consolidouse a derivación de pacientes á sanidade privada para realizar probas diagnósticas o cirurxías, e baixo a escusa deste “paraugas legal” non foron contratadas novas profesionais na sanidade pública. Ademais, esta derivación non reduciu as listas de espera polo que preguntou ao Director de Atención hospitalaria cantos pacientes foron derivados nos últimos anos e cal foi o gasto real. Coa aprobación desta lei establecéronse dúas clases de listas de espera, as estruturais nas que máis o menos se cumpren os prazos e as “non estruturais” que non se publican porque entran os pacientes que rexeitan a derivación a un centro concertado ou a data ofertada pero no momento que entran nesta lista “desaparece” a obriga da prestación sanitaria nun tempo máximo.
Cal é o número de pacientes rexistrados nas listas non estruturais, preguntou a nacionalista e sobre todo, cando se van facer públicas?
Neste sentido lembrou que a Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño tense referido a esta problemática e nos seu informe de 2020 critica a “particular situación daqueles doentes que estando na lista de espera estrutural para ser intervidos dunha patoloxía, xeralmente con prioridade tres, rexeitaban a oferta dun centro concertado.
Fernández Galiño recomenda que os pacientes que rexeiten a oferta dun centro concertado teñen dereito a recibir unha asistencia sanitaria na súa comunidade autónoma de residencia nun tempo máximo.

















Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.



